[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Duascentas persoas poderán beneficiarse desta iniciativa da Xunta e a Fundación Ronsel.

 

Os participantes acudirán a un taller de formación e dispoñerán do asesoramento dun mentor.

 

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel acaban de convocar o Programa de Mentoring Traballo Autónomo 2022, a nova edición dunha iniciativa que ten como obxectivo axudar aos participantes na súa actividade profesional e contribuír á adaptación dos seus negocios ás necesidades do mercado e á nova situación actual a través da introdución de melloras no ámbito da xestión e noutras áreas e o incremento dos seus contactos profesionais e a súa actividade económica.

 

Un total de 200 autónomos poderán beneficiarse deste programa cuxo prazo de inscrición abriuse o 22 de agosto. Os autónomos cunha antigüidade mínima de 42 meses de actividade profesional e que recibisen algunha axuda do Programa de promoción de emprego autónomo ou do Plan de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación entre os anos 2017 e 2021 terán preferencia á hora de optar á súa inclusión nesta nova convocatoria do programa Mentoring Traballo Autónomo.

 

As actividades arrincarán cun taller de formación de 4 horas de duración para que os participantes tomen contacto co proceso de Mentoring. A continuación seralles asignado un mentor co que poderán manter reunións periódicas durante un período máximo de 7 meses.

 

A inscrición estará aberta ata o 22 de setembro a través do formulario habilitado na web https://oficinadoautonomo.gal/es/content/solicitude-de-participacion-no-programa-de-mentoring-traballo-autonomo-2022

23 de Agosto de 2022

Convocada unha nova edición do programa Mentoring Traballo Autónomo

Duascentas persoas poderán beneficiarse desta iniciativa da Xunta e a Fundación Ronsel.   Os participantes acudirán a un taller de formación e dispoñerán do asesoramento dun […]
22 de Agosto de 2022

“Repensar o turismo”, lema do próximo Día Mundial do Turismo

A OMT convida a unirse á celebración do 27 de setembro reflexionando sobre a necesidade de apostar por un sector máis sostible, inclusivo e resiliente.   […]
21 de Agosto de 2022

O prazo para optar ás axudas do Club de Produto Galicia Destino Sostible chega ao seu ecuador

O 30 de setembro é a data límite para optar a parte dos 300.000 euros en axudas para a creación de novos produtos.   Unha vintena […]
20 de Agosto de 2022

O turismo volve impulsar a creación de emprego

Galicia sumou 7.400 traballadores máis neste sector durante o pasado mes de xullo.   A recuperación da actividade turística durante os últimos meses volveu a ter […]