destacados

  • Para colaborar no proxecto é necesario contar cun PMS-Property Management System.
  • As entidades interesadas en formar parte do programa xa poden cumprimentar un formulario.

 

Desde o Clúster de Turismo de Galicia poñemos a disposición das empresas un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento. O sistema é unha ferramenta para a monitorización e análise de datos de ocupación, previsión, prezos, e diversas métricas, a disposición das empresas de aloxamento que conten cun PMS (Property Management System). A aplicación facilita a toma de decisión por parte das empresas de aloxamento, establecendo unha comparativa entre o establecemento e o destino. Tamén permite consultar datos sobre o tipo de viaxeiro e a súa procedencia, e ofrece unha comparativa entre a taxa de ocupación do establecemento e a do destino.

 

Trátase dunha ferramenta que os empresarios turísticos poderán empregar sen custo algún. Para formar parte deste sistema é necesario dar permiso para a conexión ao PMS de xestión do establecemento. No que respecta a privacidade, hai que destacar que ninguén poderá ver os datos da empresa, pois o sistema concibiuse para garantir a confidencialidade da información subministrada. Só se poderán consultar os datos agregados e anonimizados, e o aloxamento recibirá un contrato de confidencialidade asinado polo Clúster e pola empresa proveedora do servizo (OptimizaData).

 

Se tes un establecemento de aloxamento, contas cun PMS e che interesa formar parte deste sistema de monitorización, podes cumprimentar o seguinte formulario.

 

Este servizo ponse en marcha desde o Clúster de Turismo en colaboración coas asociación integradas (Federacións, Asociacións provinciais, Asociacións sectoriais…) e conta co financiamento da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia. Nesta ligazón podes visualizar a xornada informativa que organizamos o pasado miércoles, 31 de maio, no centro GaiásTech para presentar a ferramenta. O evento, que se puido seguir de xeito presencial e por streaming, contou coa participación de máis 70 directivos e propietarios de empresas de aloxamento galegos.

06 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo pon a disposición das empresas un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

Para colaborar no proxecto é necesario contar cun PMS-Property Management System. As entidades interesadas en formar parte do programa xa poden cumprimentar un formulario.   Desde […]
23 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta o 31 de maio un sistema gratuíto de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, que tamén se poderá seguir por streaming. A sesión está dirixida a propietarios […]
14 de Setembro de 2022

Conta atrás para a segunda Convención Turespaña

Celebrarase do 3 ao 5 de outubro en Barcelona e terá como tema central a gobernanza do turismo.   Relatorios, presentacións e mesas redondas conviven no […]
13 de Setembro de 2022

Bo rumbo para o turismo de cruceiros en Galicia

A Coruña, con 67 escalas e 91.932 pasaxeiros durante o primeiros sete meses do ano, foi o porto galego máis visitado.   As 43 escalas e […]