[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Os visitantes xa poden facer uso da ruta entre Tui e Valença e da renovada web de reservas do catamarán da Ribeira Sacra da Deputación de Lugo.

 

O turismo fluvial cobra forza en Galicia con dúas iniciativas postas en marcha nos últimos días e destinadas a facer que os visitantes se embarquen para descubrir algunhas das paraxes máis impresionantes desta terra.

 

É o caso das rutas do proxecto Río Miño, un destino navegable, que desde este venres 25 de febreiro percorren as augas do tramo final da desembocadura do Miño para dar a coñecer o patrimonio, a historia, as paisaxes, a gastronomía, o comercio e o resto dos atractivos turísticos de ambas beiras. Os concellos de Tui, Salvaterra de Miño, as cámaras municipais de ValençaMonçao, e Turismo de Galicia e Turismo do Porto e Norte de Portugal impulsan esta iniciativa que arrincará durante a primeira semana con percorridos entre Tui e Valença para dar paso a partir do 7 de marzo ao traxecto entre Salvaterra e Monçao. Os itinerarios son gratuítos, pero é necesario reservar previamente a través da web www.hemisferios.org posto que as prazas están limitadas pola capacidade da embarcación. As oficinas de turismo de cada localidade servirán de punto de partida dos percorridos, de oito horas de duración.

 

A outra ruta fluvial que está de actualidade estes días é a que impulsa a Deputación de Lugo polas augas dos ríos Miño e Sil que bañan a famosa Ribeira Sacra. Neste caso, os visitantes terán que esperar aínda ata a terceira fin de semana de marzo (días 19 e 20) para poder embarcarse, pero si poden desde esta semana reservar os seus billetes e facelo, ademais, desde unha renovada web máis accesible e visual. Xa está dispoñible en https://reservas.rutasembalses.es/ o apartado para comprar os billetes así como toda a información necesaria para gozar dos dous percorridos dispoñibles. A ruta do Canón do Sil parte do embarcadoiro Ponte do Sil, no municipio de Monforte de Lemos, e chega ata o mosteiro de Santa Cristina para iniciar desde alí a travesía de regreso. A ruta Cabo do Mundo ten o seu punto de inicio e regreso no pobo de Belesar e percorre o Miño ata a área recreativa de Maiorga. En ambos casos, o prezo do billete ordinario é de 9 euros, pero hai descontos diversos para mozos, estudantes, desempregados e outros colectivos.

25 de Febreiro de 2022

O turismo fluvial volve embarcarse para descubrir Galicia

Os visitantes xa poden facer uso da ruta entre Tui e Valença e da renovada web de reservas do catamarán da Ribeira Sacra da Deputación de […]
24 de Febreiro de 2022
Entrega de premios de la primera edición de Turislab

Convocada a segunda edición da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta

Celebrarase entre os meses de abril e decembro e este ano incorpora unha sétima categoría de actuación: o Turismo de Litoral.   Só dous meses despois […]
22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
21 de Febreiro de 2022

A oferta turística do Camiño de Santiago que aposta pola sustentabilidade

Aloxamentos, actividades e proxectos ligados ao Clúster Turismo de Galicia apostan por dinamizar rutas xacobeas priorizando o coidado e o desenvolvemento da contorna.   O Camiño […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563564565566567568569570571572
Página siguiente