[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O presidente do Clúster participou en Ponte da Barca nunha xornada organizada pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño no marco do proxecto “Fronteira Esquecida Limia-Lima”.

 

O Clúster Turismo de Galicia foi unha das entidades convidadas a participar e tomar a palabra na xornada desenvolvida o martes na localidade portuguesa de Ponte da Barca pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño para analizar os desafíos do desenvolvemento e a atracción turística na contorna do río Limia (Lima, no país veciño) no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza “Fronteira Esquecida Limia-Lima”.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal integrou o panel “Desenvolvemento turístico, redes turísticas e cohesión territorial”, xunto a Cristina Mendes, representante da Entidade Rexional de Turismo do Porto e Norte de Portugal;Susana Ribeiro, directora xeral operacional da Asociación de Turismo do Porto – Convention & Visitors Bureau, e António José Correia, coordinador da Rede de Instalacións Náuticas de Portugal.

 

Na súa intervención Cesáreo Pardal destacou a importancia da colaboración entre as autoridades e os distintos axentes do sector turístico de Galicia e Portugal para desenvolver a promoción conxunta do destino Galicia-Norte de Portugal e sinalou que no caso do territorio concreto do río Limia son moitos os recursos naturais, culturais e patrimoniais que poden servir de base para estas accións. “Un parque natural transfronteirizo recoñecido pola Unesco como Reserva da Bioesfera, xacementos arqueolóxicos romanos, arquitectura relixiosa, praias fluviais e unha ampla oferta de actividades complementarias, entre rutas de sendeirismo e BTT, e festas gastronómicas e de interese cultural”. Pero sinalou tamén que dispoñer de todos estes recursos é unha “condición necesaria, pero non suficiente para ser competitivos” e apuntou que “é necesario estruturar unha oferta de produtos turísticos adaptados á demanda e aplicar unha xestión integral involucrando a todos os axentes implicados. De aí a importancia de configurar redes turísticas que potencien os destinos e fomenten as relacións con outras redes a nivel rexional, nacional ou supranacional, como é o caso”.

 

Cesáreo Pardal referiuse á experiencia en Galicia dos Xeodestinos como “fórmula que potencia a posta en valor e a promoción turística dunha área xeográfica, que pola súa proximidade e homoxeneidade conforma unha oferta turística diferenciada e singular” e defendeu que “traballar unidos, coordinados e cambiar o concepto de competitividade entre empresas do sector polo de concorrencia é unha boa fórmula para impulsar o sector, dinamizar a economía da zona e facilitarlle ao turista a ampla oferta que pode atopar nun territorio”.

 

Así, destacou que a “creación de redes turísticas incrementa a dispoñibilidade de certas actividades nun destino e a creación dun produto turístico de éxito grazas á cooperación entre empresas. Ademais, os integrantes da rede benefícianse da experiencia doutros membros, favorecendo os procesos de innovación das pequenas e medianas empresas turísticas, o que contribúe ao desenvolvemento local e rexional. Isto é o que agardamos de leste Proxecto Fronteira Esquecida Río Limia-Lima, que desde logo ten todos os elementos para consolidarse como un destino turístico de referencia”.

 

30 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal apela ao valor da cooperación turística para o desenvolvemento da contorna do río Limia a ambos lados da fronteira

O presidente do Clúster participou en Ponte da Barca nunha xornada organizada pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño no marco do proxecto “Fronteira Esquecida Limia-Lima”.   […]
27 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal reivindicou en Sportur e o Foro Empuxe a importancia da sustentabilidade

O presidente do Clúster participou en Ourense nunha mesa redonda sobre a sustentabilidade nos Camiños de Santiago e debateu en Noia sobre turismo e territorio.   […]
26 de Novembro de 2022

Os viaxeiros e as noites pasadas nos hoteis galegos creceron un 16 % en outubro con respecto ao 2021

Os establecementos galegos sumaron un total de 867.400 noites pasadas e 465.000 visitantes o mes pasado.   Estas cifras supoñen tamén un importante incremento tamén con […]
25 de Novembro de 2022

Galicia MICE estará presente na ITBM World de Barcelona

A marca galega especializa en turismo de reunións acudirá á feira internacional que se celebrará do 29 de novembro ao 1 de decembro.   O turismo […]