[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Galicia foi a comunidade con máis novos establecementos certificados no 2020.

 

A aposta pola calidade do sector turístico galego volveu ter recoñecemento oficial. 38 novos establecementos recibiron durante o 2020 a certificación Q de Calidade Turística, o que converteu a Galicia na comunidade cun maior incremento de distincións no ámbito nacional e permitiulle reforzar a súa segunda posición no ranking total, sendo só superada por Andalucía.

 

Así o destacou o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Xustiza, Presidencia e Turismo, Alfonso Rueda, durante o acto de recoñecemento celebrado hoxe no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, coa participación da directora de Axénciaa Turismo de Galicia, Nava Castro, os responsables dos locais distinguidos, e outros representantes do sector, como o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo  Pardal.

 

Galicia lidera a consecución de Q de Calidade en sete das distintas categorías tradicionais do sector (hoteis, axencias de viaxe, aloxamentos rurais, balnearios, portos deportivos, negocios de turismo activo e industrial) e sitúase na segunda posición en canto aos servizos de restauración. Ademais, a comunidade sobresaíu tamén nas novas tipoloxías incorporadas a este sistema de certificación: os aloxamentos sostibles e, especialmente, os espazos públicos singulares e os albergues, copando nestes dous últimos casos os 12 recoñecementos rexistrados en toda España no 2020.

 

Convenio co Clúster

Os establecementos certificados dispoñen de liñas de axudas específicas para adaptarse aos requisitos das Q de Calidade e afrontar o custo do proceso de certificación. Desde a Xunta precisan que ata o ano pasado a Administración autonómica destinou ao proceso de adhesión, certificación e renovación 426.000 euros e que a convocatoria do presente exercicio está dotada con 410.000 euros, dos que 260.000 van dirixidos a entidades locais e sectores turísticos, e os 150.000 restantes, ao convenio plurianual co Clúster Turismo de Galicia.

17 de Novembro de 2021

As Q de Calidade premian ao sector turístico galego

Galicia foi a comunidade con máis novos establecementos certificados no 2020.   A aposta pola calidade do sector turístico galego volveu ter recoñecemento oficial. 38 novos […]
16 de Novembro de 2021

As Rutas do Viño de Galicia lanzan unha campaña para promocionar a súa oferta a través das oficinas de turismo

O obxectivo é poñer en valor a ampla oferta de experiencias nas cinco rutas de enoturismo e fomentar a súa reserva entre o público visitante.   […]
14 de Novembro de 2021

Turismo de Galicia e Atrega promocionarán a chegada de grupos de visitantes durante o Xacobeo

O convenio entre as dúas entidades supoñerá un investimento de 600.000 euros para a creación e promoción de produtos específicos.   A incentivación da chegada de […]
13 de Novembro de 2021

A restauración galega volve brillar con 78 Soletes Repsol

A famosa guía gastronómica recoñece cunha nova distinción os mellores establecementos onde gozar no outono e inverno.   A hostalería desempeña un importante papel na oferta […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537
Página siguiente