[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Aínda que o programa Galicia a todo tren bala continúa en funcionamento até o mes de outubro, os resultados ao longo da tempada estival son moi positivos, pechando o mes de agosto cunha ocupación media do 80%. As rutas máis demandas ao longo dos meses de xuño e agosto son as Rutas dos Faros, cun 99,7% de ocupación, a a Ruta dos viños da Ribeira Sacra, co 97,04%, e a dos Pazos e xardíns históricos, co 88, 46%. Ademais, as rutas que circulan en fin de semana, como a dos Faros e Valdeorras-Ribeira Sacra marcan moi bos resultados.

Até finais deste mes os billetes vendidos no programa deste ano no conxunto da iniciativa foron 2.032, 50 máis que en todo o ano 2015. E aínda lle restan dous meses de funcionamento ao programa, polo que é de prever que estas cifras melloren. Durante este tempo seguirán en funcionamento o nove rutas coas que conta Galicia, coma unha bala, entre elas o Tren Termal e o Camiño do Norte, que comezaron a circular este ano por vez primeira.

O Tren termal e do Camiño do Norte a Santiago circulará entre A Coruña e Lugo os días 1 e 22 de outubro e mostrará a riqueza termal galega, como a do balneario de Guitiriz, o Camiño do Norte, declarado Patrimonio da Humanidade en 2015, e a cidade de Lugo.

O Tren da Ruta da Lamprea e o Viño do Condado tivo saída desde Santiago de Compostela o día 2 de xullo, e volverá circular o 17 de setembro. Este tren achega aos visitantes ás beiras do río Miño, dando a coñecer un patrimonio etnográfico centrado na lamprea.
Cada unha do nove rutas pódese realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, ofrecen desprazamentos en autobús de ida e volta entre a estación de ferrocarril e o recurso turístico a visitar, xunto con actividades complementarias como rutas en catamarán e acceso e visitas guiadas especializadas a xardíns, adegas ou museos. Desta maneira, a iniciativa permite descubrir diferentes zonas de Galicia dunha maneira única.

A oferta deste programa complementouse, un ano máis, co Tren do peregrino, o Tren dos balnearios e o programa Galicia Rail Pass, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.

30 de Agosto de 2016

Os trens turísticos galegos pechan agosto cunha ocupación do 80%

Aínda que o programa Galicia a todo tren bala continúa en funcionamento até o mes de outubro, os resultados ao longo da tempada estival son moi positivos, […]
30 de Agosto de 2016

A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer […]
29 de Agosto de 2016

A central de reservas de Galicia Turismo Rural estrea nova imaxe

Galicia Turismo Rural, a central de reservas xestionada por FEGATUR e Agatur coa colaboración do Clúster Turismo de Galicia e Axencia Turismo de Galicia estrea nova […]
25 de Agosto de 2016

Axudas da Consellería de Economía para a contratación de axentes de emprego

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, publicou as bases reguladoras das subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito […]