[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Con esta iniciativa as persoas de entre 18 e 30 anos co Carné Xove activo poden obter descontos de 200 € en experiencias do Camiño de Santiago.
  • As axencias de viaxe galegas adheridas ao programa son as encargadas de comercializar a experiencia.

O programa Xacobeo Xove nace co obxectivo de achegar a experiencia do Camiño de Santiago á mocidade. Grazas a esta iniciativa todas aquelas persoas de entre os 18 e os 30 anos que dispoñan do Carné Xove activo (é dicir, que conten co número Eyca), poden solicitar un desconto de 200 euros en servizos vinculados ás dez Rutas Xacobeas oficiais: Camiño Francés, Camiño de Fisterra-Muxía, Vía da Prata, Camiño Inglés, Camiño Primitivo, Camiño do Norte, Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla, Camiño de Inverno, Camiño Portugués e Camiño Portugués da Costa.

 

As axencias de viaxe galegas adheridas ao programa son as encargadas de comercializar a experiencia. Os paquetes turísticos poden configuralos a axencias participantes no programa ou poden deseñarse de acordo coas necesidades específicas de cada beneficiario. Ata o momento son 23 as axencias adheridas á iniciativa, sumando máis de 40 experiencias diferentes para gozar do Camiño de Santiago.

 

Entre a oferta dispoñible, que se pode consultar a través da páxina web, atópanse rutas para facer o Camiño en parella; experiencias entre viñedos, vales e ríos; actividades aventureiras; ou mesmo etapas para descubrir o Camiño máis festeiro, vivindo a verbena das Festas de San Roque de Melide.

 

Para poder beneficiarse do programa, o custo da totalidade da viaxe debe ser, sen o desconto, como mínimo de 300 euros. Os beneficiarios deben achegar un cofinanciamento de, cando menos, 100 euros. As viaxes poderanse realizar entre o 1 de xullo e o 10 de decembro de 2023, sempre e cando a compra do paquete turístico se efectúe antes do 30 de novembro de 2023.

 

O Xacobeo Xove é unha iniciativa da Axencia Turismo de Galicia en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, a Asociación de Viaxes de Galicia (AGAVI), a Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA), a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (AVIPO), e a Consellería de Política Social e Xuventude. Para calquera dúbida ou cuestión podes consultar a páxina oficial do programa Xacobeo Xove ou contactar na dirección de correo xacobeoxove@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 505 103.

01 de Agosto de 2023

O programa Xacobeo Xove suma máis de 40 experiencias para gozar do Camiño de Santiago

Con esta iniciativa as persoas de entre 18 e 30 anos co Carné Xove activo poden obter descontos de 200 € en experiencias do Camiño de […]
01 de Agosto de 2023

O Clúster mantén activo o seu servizo de consultoría gratuíto para a obtención ou mantemento da Q de Calidade e da S de Sustentabilidade das organizacións turísticas

As empresas interesadas no servizo poden recibir máis información a través do correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou do teléfono 881 24 74 36.   O Clúster Turismo […]
26 de Xullo de 2023

A Xunta convoca as axudas DeseñaPeme e InnovaPeme 2023

Dirixidas para o financiamento das actividades en plans de deseño para a innovación e a sustentabilidade, e en plans de innovación e procesos de organización para […]
26 de Xullo de 2023

Mar de Amicos, unha iniciativa de turismo inclusivo en torno ao patrimonio marítimo do Barbanza

Grazas a esta iniciativa, sete persoas con diversidade funcional exercerán de guías turísticos este verán. O proxecto nace froito da colaboración da asociación Amicos e da […]