[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Consello da Xunta autorizou a modificación dun artigo do decreto de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo co obxectivo de adaptalo ao marco europeo. En concreto, a modificación afecta o artigo 16 do Decreto 42/2001, no referente ás garantías que deben constituír as empresas organizadoras de viaxes combinadas para os usuarios. A garantía derivada desta modificación proporcionará así máis protección ás persoas usuarias.
A garantía derivada desta modificación proporcionará así máis protección ás persoas usuarias, fronte á quebra ou insolvencia das empresas organizadoras de viaxes combinadas, que deberán constituír esta garantía con carácter previo ao exercicio da súa actividade e mantela de modo permanente. Esta garantía permitirá responder o incumprimento das obrigacións derivadas da prestación dos servizos contratados e ao reembolso efectivo dos pagos realizados polos viaxeiros na medida en que estes non se presten. O decreto foi sometido ao perceptivo informe do Consello de Turismo así como á consulta das organizacións máis representativas do sector, entre a que que se contaron o Clúster Turismo de Galicia, e ao informe do Consello Galego de Consumidores e Usuarios. A súa entrada en vigor será ao día seguinte da súa publicación no DOG.

20 de Decembro de 2017

A Xunta actualiza o decreto de axencias de viaxes para adaptalo ao marco europeo

O Consello da Xunta autorizou a modificación dun artigo do decreto de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo co […]
18 de Decembro de 2017

Balance de catro anos de traballo en prol do fortalecemento do tecido turístico galego

O Clúster Turismo de Galicia cumpre en decembro catro anos desde a súa creación como voz do turismo en Galicia Constituído oficialmente en decembro de 2013, […]
18 de Decembro de 2017

Ourense estrea pista de atletismo cuberta no recinto de Expourense

Cun investimento de 3 millóns de euros, as instalacións inauguráronse con dúas competicións, que reuniron na cidade das Burgas a 800 atletas, a fase final da […]
15 de Decembro de 2017

Caión acolleu clausúraa do proxecto Morada Atlántica promovido polos GALP Costa da Morte e Costa Sostible

Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte e Costa Sostible escolleron a localidade de Caión para desenvolver a xornada de clausura […]