[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

Cesáreo Pardal participou na nova reunión celebrada no Porto para abordar a posibilidade de presentar unha candidatura ao POCTEP.

 

O proxecto está contemplado no Plan Director de Turismo 2021-2023 Galicia Destino Seguro.

 

Os representantes dos sectores turísticos de ambas beiras do río Miño seguen dando pasos para facer realidade o proxecto de constituír un Clúster de Turismo Transfronteirizo Galicia Norte de Portugal. Así o abordaban xa o pasado mes de maio durante a reunión que tivo lugar no Porto aproveitando a celebración do workshop organizado polo Clúster Turismo de Galicia cunha trintena de empresas galegas, e así o volveron a tratar a semana pasada nun novo encontro celebrado nesa cidade portuguesa.

 

A sede da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal acolleu esta nova reunión na que tomaron parte o presidente e o vicepresidente do devandito organismo, Antonio Cunha e Beraldino Piñeiro; a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira; a responsable da área de Calidade e Proxectos Europeos da Axencia Turismo de Galicia, Laura González-Dopeso; unha representación de Turismo do Porto e Norte encabezada polo seu presidente, Luís Pedro Martins; o director da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), Nuno Almeida, o subdirector, Xosé Lago; o xerente, Alfonso Rubio, e outros representantes desa entidade, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

 

Todos eles mostraron a súa boa disposición a traballar conxuntamente para presentar ao Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) unha candidatura para a creación deste Clúster de Turismo Transfronteirizo. De feito, o proxecto está xa contemplado no Plan Director de Turismo 2021-2023: Galicia Destino Seguro elaborado pola Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e as tres universidades galegas.

 

Desde as empresas privadas do sector turístico hai un gran interese pola posta en marcha desta nova entidade conxunta de Galicia e o Norte Portugal posto que dispoñería da dimensión necesaria para acceder a mercados con gran potencial como Estados Unidos e Canadá.

07 de Decembro de 2022

Galicia e o Norte Portugal avanzan nos plans para crear un Clúster Transfronteirizo de Turismo

Cesáreo Pardal participou na nova reunión celebrada no Porto para abordar a posibilidade de presentar unha candidatura ao POCTEP.   O proxecto está contemplado no Plan […]
06 de Decembro de 2022

Dobre reforzo para o sector turístico na Guarda

O servizo Xacobeo Transfer suma unha nova embarcación para unir a localidade con Caminha.   Alda Hotels inaugura de forma oficial o seu novo establecemento no […]
03 de Decembro de 2022

A hostalería de Vigo súmase á plataforma #PorElClima

A Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra impulsa a iniciativa desenvolvida por Ecoedes, Coca Cola e Hostalería de España.   Máis de 60 establecementos […]
02 de Decembro de 2022

Os aloxamentos turísticos galegos poderán optar a 7,8 millóns en axudas para eficiencia enerxética

A convocatoria que acaba de ser aprobada polo Consello da Xunta prevé subvencións de ata un 90 % do investimento total e un máximo de 150.000 […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente