[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia (Proturga) organizou un curso que capacitará aos seus asistentes como auditores internos para a implantación e auditoría de sistemas de calidade turística. Impartido por Noelia Santos, do ICTE, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, o curso desenvolverase nas instalacións da Deputación de Pontevedra do 19 ao 29 de xuño cun total de 56 horas de formación nas que se abordará os principios da Calidade Turística, o desenvolvemento das 23 normas existentes de calidade turística (turismo rural, aloxamentos, restauración, turismo de saúde, campos de golf, etc.) así como a elaboración da documentación e unha parte práctica de técnicas de auditoría.

O prazo para inscribirse termina o 7 de xuño e o número máximo de participantes é de 25 persoas con prezos que van dos 300 aos 500 euros. Para máis información: proturga@gmail.com

CursoQ_1 CursoQ_2

05 de Xuño de 2017

Proturga impulsa a celebración dun Curso de Experto en Calidade Turística

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia (Proturga) organizou un curso que capacitará aos seus […]
31 de Maio de 2017

Ourense acolle o I Semana Vitivinícola de Galicia con actividades formativas e de divulgación do viño

Impulsada pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), o I Semana Vitivinícola de Galicia celebrarase do 5 ao 8 de xuño en Ourense, unha […]
29 de Maio de 2017

Aberto prazo para solicitar axudas para a certificación ou renovación da Q de Calidade

A Xunta publicou as bases que regularán a convocatoria para a concesión das axudas para a certificación, seguimento ou renovación da Q de Calidade, concedidas polo […]
26 de Maio de 2017

A Ruta do Viño Rías Baixas incrementa a súa lista de socios co Concello de Barro

O presidente, Juan Gil de Araujo, e o alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández, formalizaron hoxe o convenio de adhesión polo que o municipio […]