[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • O Consello Executivo da Unesco ratificou a proposta dos concellos de Cariño, Cerdeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño.
  • Convértese no segundo territorio galego en recibir a distinción.

 

O Cabo Ortegal xa forma parte da rede mundial de xeoparques da Unesco. A candidatura, impulsada pola Asociación para a Xestión do Xeoparque do Cabo Ortegal e presentada no 2021, foi ratificada polo Consello Executivo da UNESCO a semana pasada.

 

Os auditores da Unesco visitaron a zona conformada polos municipios de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño en agosto de 2022. Trala súa visita, os profesionais enxalzaron o patrimonio natural e cultural do terreo, destacando a riqueza xeolóxica da súa contorna. O territorio alberga rocas en superficie de máis de 490 millóns de anos e materiais que, normalmente, se atopan a máis de 70 quilómetros de profundidade.

 

A obtención deste distintivo, un selo ao mesmo nivel que o de Patrimonio da Humanidade, posibilita e incentiva a ampliación do coñecemento do territorio. A nivel mundial son 194 os xeoparques recoñecidos, dos cales 16 se atopan en España. O de Ortegal é o segundo territorio galego que recibe esta certificación trala declaración do Xeoparque Montañas do Courel no 2019.

 

Os xeoparques son sinónimo de turismo sostible e desestacionalizado, mesturando natureza con patrimonio, tradición, gastronomía e xeoloxía. O distintivo non é permanente, senón que se revisará cada 4 anos para comprobar que se cumpran os obxectivos de desenvolvemento, conservación, educativos, científicos, de dinamización territorial, de comunicación, etc.

30 de Maio de 2023

O Cabo Ortegal xa é Xeoparque Mundial da Unesco

O Consello Executivo da Unesco ratificou a proposta dos concellos de Cariño, Cerdeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño. Convértese no segundo territorio galego en […]
30 de Maio de 2023

34 municipios galegos destacan no Atlas de contribución municipal do turismo en España publicado por Exceltur

O documento achega información sobre a relevancia que xera o turismo nos 500 municipios españois con maior número de prazas de aloxamento en 2022. Sanxenxo, Santiago […]
30 de Maio de 2023

Galicia suma un novo concello turístico e unha Festa de Interese Turístico

O Consello de Turismo vén de declarar ao Concello de Muíños, en Ourense, como municipio turístico. A festa de San Antonio Ventureiro de Rigueira, de Xove, […]
29 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo e o Clúster Alimentario de Galicia suman forzas para poñer en valor o territorio

Os responsables de ambas entidades asinaron un protocolo de colaboración para aproveitar a potencialidade do sector alimentario na promoción turística de Galicia.   O presidente do […]