[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un convenio de impulso ao asociacionismo no sector turístico galego en virtude do cal a entidade pública apoia economicamente o mantemento da estrutura necesaria para favorecer o funcionamento do Clúster como entidade asociada que agrupa ao 95% do sector turístico galego e que leva a cabo tarefas de interese público para o fomento do tecido asociativo e a xeración de sinerxías entre empresas de toda a cadea de valor de turismo en Galicia.
O convenio asinado entre ambas as partes, cunha dotación total de 36.500 euros dos que 33.000 achegaraos Turismo de Galicia, ten como obxectivos contribuír a funcionamento ordinario do Clúster, como única entidade que agrupa a toda a cadea de valor do sector turístico galego. Así, o convenio inclúe partidas orientadas permitir os labores técnicos de xestión ordinaria; apoio dos custos operativos, reunións multisectoriais e de grupos de traballo, accións de comunicación orientadas á sensibilización do turismo como sector importante para o tecido económico en Galicia así como accións de colaboración en xeral coa administración autonómica.
En virtude deste convenio ambas as entidades se compromen a cooperación conxuntamente na consecución destes obxectivos e contribuíndo á promoción da marca Galicia.

27 de Abril de 2018

Turismo de Galicia asina co Clúster un novo convenio de apoio ao asociacionismo do sector turístico galego

O Clúster Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un convenio de impulso ao asociacionismo no sector turístico galego en virtude do […]
26 de Abril de 2018

Aberto o prazo de inscrición do II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes

O II Congreso Mundial de Destinos Turísticos Intelixentes celebrarase en Oviedo do 25 ao 27 de xuño, organizado pola Organización Mundial de Turismo (OMT), o Ministerio […]
25 de Abril de 2018

A implicación de todos os axentes e a aposta polo turismo verde, claves para o futuro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Sada acolleu a I Conferencia de Turismo Sustentable na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, orientada a coñecer os avances que en materia […]
24 de Abril de 2018

A Federación de Hostalaría de Pontevedra impulsa a promoción da Feira do Viño do Ribeiro

En virtude dun convenio asinado entre a Federación Provincial de Hostalaría de Pontevedra (FEPROHOS) e o concello de Ribadavia, Feprohos comprométese a levar adiante unha campaña […]