[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na presentación e no primeiro percorrido pola Ruta do Percebe da Barca.

 

Forma parte do proxecto BeirAtlántica desenvolvido pola Asociación de Profesionais Percebe da Barca.

 

A sustentabilidade, o desenvolvemento económico e o turismo converxen na Ruta do Percebe da Barca, un itinerario que acaba de ser presentado nun emblemático municipio da Costa da Morte: Muxía. Trátase dunha iniciativa, impulsada pola Asociación de Profesionais Percebe da Barca a través do seu proxecto BeirAtlántica e coa colaboración da Xunta, o GALP Costa da Morte e o Concello muxián.

 

O obxectivo é tender pontes entre o mundo do mar e o litoral a través dun percorrido co que poñer en valor o traballo que desenvolven os percebeiros e o espazo no que o fan. Unha serie de paneis informativos guían ao visitante por este percorrido acompañándoos con imaxes e testemuños dos propios profesionais do mar grazas tamén á versión virtual accesible a través da web do proxecto e da aplicación para dispositivos móbiles desenvolvida a tal efecto.

 

A posta de longo da Ruta celebrouse este mércores 21 de setembro coa presentación oficial do percorrido e un paseo inaugural polo trazado. Alí estiveron un nutrido grupo de profesionais do mar encabezados polo presidente e o secretario da asociación de percebeiros da Barca, Víctor Haz e Santiago Pérez, respectivamente, ademais do alcalde muxián, Iago Toba; o xerente do GALP Costa da Morte, Guillermo González; o director do Parador Costa da Morte, Julio Marcote, o presidente da Asociación Profesional do Sector Turístico Costa da Morte, Pepe Formoso, e o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal. Tamén estiveron presentes o fotógrafo Luís Polo, responsable da parte gráfica do proxecto e encargado de exercer de guía no paseo inaugural, e o historiador e divulgador Xan Fernández Carrera.

 

21 de Setembro de 2022

Os percebeiros de Muxía convidan a camiñar pola senda da sustentabilidade, o desenvolvemento e o turismo

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na presentación e no primeiro percorrido pola Ruta do Percebe da Barca.   Forma parte do proxecto BeirAtlántica desenvolvido […]
21 de Setembro de 2022

Recoñecemento de calidade para quince establecementos do GDR Terras de Compostela

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na entrega de diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino celebrada en Santa Comba.   As […]
19 de Setembro de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible suma catro novas incorporacións e supera xa a trintena de membros

En datas próximas lanzaranse os primeiros produtos turísticos deseñados para formar parte do club.   As empresas que se adhiran antes de finalizar setembro poderán optar […]
15 de Setembro de 2022

Innovación e tecnoloxía para impulsar o sector turístico na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

O Concello e a Deputación de Ourense impulsan coa colaboración da Universidade de Vigo o Hackathon – Laboratorio de Ideas e Innovación.   O prazo para […]