[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Galicia forma parte desta iniciativa financiada cos fondos Next Generation e que se leva a cabo con Asturias, Cantabria e País Vasco.

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, presentou ao sector o proxecto Corredor de Ecoturismo da España Verde, a iniciativa na que participa Galicia xunto ao resto de Comunidades do norte peninsular co que se pretende crear o maior corredor ecoturístico de Europa.

 

Merelles salientou a oportunidade deste proxecto para que Galicia avance nun modelo turístico sustentable desde o punto de vista social e ambiental. Esta iniciativa ofrecerá experiencias turísticas dentro dos espazos naturais protexidos de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

 

As catro comunidades promotoras deste proxecto, integradas na marca ‘España Verde’, deseñaron un plan de acción que permitirá establecer unha rede de axentes colaboradores no territorio, dar formación a empresas turísticas, así como deseñar e crear experiencias e produtos en modelos verdes e sostibles.

 

No proxecto poderán participar os espazos naturais protexidos que desexen colaborar, tamén empresas situadas no medio rural e natural vinculadas á observación da fauna, aloxamento, empresas de turismo activo, e empresas que conten coa certificación en sostibilidade que queiran crear paquetes e produtos de ecoturismo. A iniciativa está aberta a axentes locais e ambientais, axencias de receptivo e operadores especialistas en natureza, entre outros.

05 de Decembro de 2023

O maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular pasará por Galicia

Galicia forma parte desta iniciativa financiada cos fondos Next Generation e que se leva a cabo con Asturias, Cantabria e País Vasco.   O director de […]
05 de Decembro de 2023

Os Ancares Lucenses reciben a certificación de destino Starlight

A certificación de destino Starlight ten por obxecto protexer a saúde ambiental das paisaxes nocturnas e empregalas como reclamo turístico   A Reserva da Biosfera Os […]
05 de Decembro de 2023

Galicia recibe unha nova estrela Michelin, sumando xa 19

O restaurante de Brais Pichel, Terra, recibe por primeira vez a estrela Michelin. En total, son 17 os restaurantes da comunidade distinguidos, acumulando 19 estrelas.   […]
05 de Decembro de 2023

A Axencia Turismo de Galicia, candidata a mellor administración pública na implantación da calidade turística no seu territorio

A Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias seleccionaron a seis institucións supramunicipais para este galardón.   A Xunta de […]