[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A nova agrupación empresarial nace da cooperación entre axentes e empresas destacadas na loxística galega e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Auspiciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do IGAPE, a Cidade da Cultura de Galicia acolleu o acto de presentación do novo clúster empresarial galego, o Clúster da Función Loxística de Galicia, un sector que agrupa a organización, o abastecemento e o transporte de mercadorías do noso territorio e que representa o 3,9% do PIB galego e emprega a preto de 50.000 persoas na nosa Comunidade, segundo os últimos datos elaborados polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Esta nova entidade é froito da cooperación público-privada e do impulso de empresas relevantes do sector, entre os que se inclúen Kaleido, Gadisa, Trotansa, Ence, Finsa, Fillos de Rivera, Delta Vigo e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. Unha agrupación de empresas que nace como resposta á revolución que está a vivir este sector, impulsada polo proceso de globalización e internacionalización da economía, así como pola irrupción das tecnoloxías emerxentes.

“Esta transformación do sector precisa dunha resposta coordinada na que os sistemas loxísticos sexan capaces de anticiparse e adaptarse ás novas tendencias globais”, explicou o director do IGAPE, Juan Cividaes, que fixo fincapé en que a Axenda Industria 4.0 inclúe entre as medidas a desenvolver a coordinación dun esquema integrado e único de infraestruturas, coa finalidade de facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva. Un obxectivo de optimización do sector loxístico ao amparo do que nace esta agrupación sectorial co obxectivo de impulsar a competitividade territorial e industrial de Galicia, así como a relevancia de que participen todos os actores do tecido industrial e do transporte para facer a estrutura loxística galega competitiva a nivel global.

O papel dinamizador dos Clústeres
Cividanes tamén lembrou o papel activo dos clústeres como dinamizadores da actividade económica e como pezas estratéxicas no impulso de proxectos innovadores, que contan cun importante apoio da administración pública para fomentar o seu traballo como potenciadores da competitividade e a innovación das pemes galegas.

14 de Maio de 2019

Nace o Clúster da Función Loxística de Galicia

A nova agrupación empresarial nace da cooperación entre axentes e empresas destacadas na loxística galega e a Consellería de Economía, Emprego e Industria. Auspiciada pola Consellería […]
13 de Maio de 2019

Publicadas as bases reguladoras para a solicitude das axudas para a renovación ou implementación da Q de Calidade Turística

O Diario Oficial de Galicia recolle a resolución do 5 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime […]
10 de Maio de 2019

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente en Turexpo

Unha edición máis volverá celebrarse a Bolsa Internacional de Contratación Turística para a que é necesario inscribirse A 9ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar […]
09 de Maio de 2019

Santiago acollerá un foro de debate sobre financiamento para empresas turísticas

Promovido polo Clúster Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, a xornada está orientada a resolver dúbidas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento sobre casuísticas propias do […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553
Página siguiente