[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia está dirixida a aloxamentos e establecementos de restauración e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de outubro.

 

Coa publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria correspondente abriuse o prazo para que os empresarios do sector hostaleiro opten a unha nova liña de axudas para a promoción da dixitalización e o márketing dixital. Autónomos, microempresas e pemes son os destinatarios deste programa de subvencións lanzado pola Xunta a través da Axencia Turismo de Galicia e cuxa contía total ascende a 6 millóns de euros.

 

O obxectivo das axudas é facer fronte ás consecuencias da covid no sector turístico e contribuír á súa recuperación mellorando a súa actividade económica e a súa competitividade a través da transformación dixital. Así, os solicitantes poderán destinar as axudas a gastos derivados da instalación de software de xestión hostaleiro, tanto para organizar as súas áreas de forma eficiente, como para coñecer as demandas dos seus clientes. Tamén poderán financiar produtos e servizos de márketing destinados a captar e fidelizar clientes e accións relacionadas coas súas páxinas web corporativas. Así mesmo, poderán adquirir con cargo a esta liña de axudas equipos tecnolóxicos básicos relacionados co control da pandemia e asumir gastos derivados dos sistemas de xestión do teletraballo.

 

A convocatoria abarca dentro do sector da hostalería a hoteis, hostais, casas rurais, restaurantes e bares, ademais doutros establecementos de aloxamento e restauración. A subvención cubrirá o 100 % do gasto previsto ata un importe máximo de 15.000 euros por beneficiario.

 

Os aspirantes a beneficiarse destas axudas deben ter o seu domicilio fiscal en Galicia e estar rexistrados no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta. As solicitudes deben presentarse por medios electrónicos a través do formulario correspondente habilitado na web http://sede.xunta.gal. O prazo para facelo estará aberto ata o próximo 25 de outubro.

 

Máis información en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0256-230921-0001_gl.html

25 de Setembro de 2021

Os hostaleiros xa poden acceder a axudas por importe de 6 millóns de euros para dixitalización e márketing dixital

A convocatoria da Axencia Turismo de Galicia está dirixida a aloxamentos e establecementos de restauración e o prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de […]
24 de Setembro de 2021

Unha vintena de empresas da comarca de Santiago reciben o certificado de calidade turística en destino Sicted

O presidente do Clúster participou na entrega de diplomas do programa de formación organizado polo GDR Terras de Compostela   O Pazo de Vista Alegre, no […]
23 de Setembro de 2021

Galicia presume de turismo enolóxico coa décima edición da Ruta dos Viños

Cinco percorridos poñen ao alcance dos visitantes toda a oferta de servizos nacida ao redor das denominación de orixe galegas.   Outubro é un mes para […]
22 de Setembro de 2021

O Clúster, Ecoembes e a Xunta unen forzas para promover a reciclaxe no sector turístico

O convenio asinado entre as tres partes enmárcase no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro e nos seus obxectivos de desenvolvemento de Galicia como destino sostible […]