[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O Consello Provincial de Turismo lucense aprobou a continuidade do galardón entregado por primeira vez o ano pasado.

 

Por segundo ano consecutivo, o turismo sostible terá un premio específico na provincia de Lugo. Os membros do Consello Provincial de Turismo lucense, organismo consultivo da Deputación de Lugo do que forma parte o Clúster Turismo de Galicia, acordaron na reunión celebrada en días pasados dar continuidade ao Premio ao Turismo Sostible entregado por primeira vez o ano pasado con motivo da celebración nesa provincia da Copa España Creativa e no marco dos galardóns á excelencia turística.

 

“Cremos que mantelo no tempo é unha oportunidade para todas as empresas e entidades da provincia”, explicou respecto diso a vicepresidenta do Consello e deputada provincial de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Ademais destacou que coa continuidade do premio refórzase o traballo que a institución impulsa para “consolidar un modelo de turismo de calidade e sostible, con capacidade para atraer visitantes durante todo o ano, que pon en valor o patrimonio e que contribúe a xerar riqueza e emprego, sobre todo no rural”.

 

O Premio ao Turismo Sostible ten como finalidade recoñecer iniciativas que contribúan á sustentabilidade turística no ámbito social, económico e ambiental. Na súa primeira edición foi concedido ao proxecto das Cabanas das Chousas polo uso de caldeiras de biomasa, o coidado da súa contorna para para previr incendios forestais e a instalación de contedores de reciclaxe.

25 de Febreiro de 2023

O turismo sostible volverá ter premio en Lugo

O Consello Provincial de Turismo lucense aprobou a continuidade do galardón entregado por primeira vez o ano pasado.   Por segundo ano consecutivo, o turismo sostible […]
24 de Febreiro de 2023

A Xunta renovará o convenio co Clúster para promocionar o Club de Produto Galicia Destino Sostible

O novo acordo, aprobado polo Goberno autonómico, supoñerá un investimento de 1 millón de euros ata o ano 2025 para elaboración, creación, comercialización e difusión de […]
23 de Febreiro de 2023

Cesáreo Pardal destaca a importancia do talento e a tecnoloxía no sector hoteleiro

O presidente do Clúster interveu na inauguración do terceiro Encontro de directores e directivos de Hostalería e Turismo de Galicia, celebrado en Santiago.   Un nutrido […]
21 de Febreiro de 2023

O Clúster pon ao dispor do sector turístico galego 50 invitacións par a BTL de Lisboa

A feira turística da capital portuguesa celebrarase entre os días 1 e 5 de marzo, estando as tres primeiras xornadas reservadas aos profesionais.   A próxima […]