[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

  • Analizarán posibles solucións aos retos identificados polo sector no proceso de diagnóstico realizado a finais do pasado ano.
  • A través de oito mesas de traballo, que terán lugar durante o mes de maio.
  • O presidente do Clúster e o director da Axencia de Turismo participaron este xoves na primeira das mesas, centrada na promoción e a diferenciación dos destinos.

O Clúster Turismo de Galicia e a Xunta abordan o proceso de elaboración da futura Estratexia de Turismo de Galicia 2030 coa celebración  da primeira de oito mesas de traballo previstas, que reunirán a máis de 100 profesionais do sector e expertos para abordar posibles medidas para afrontar os retos do turismo.

 

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e o director da Axencia de Turismo, Xosé Manuel Merelles, acompañados pola directora xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, abriron hoxe, xoves 2 de maio, en Santiago, o primeiro destes encontros, centrado na promoción e diferenciación dos destinos, unha das liñas identificadas no proceso de diagnóstico que se desenvolveu a finais do pasado ano. As sete mesas restantes celebraranse ao longo deste mes de maio e abordarán o fomento da innovación e a dixitalización; a mellora da internacionalización; o impulso ao reequilibrio territorial e á mobilidade; a capacitación e a atracción de talento; a adaptación ao cambio climático e a sostibilidade; e a competitividade empresarial.

 

O obxectivo destas mesas de traballo, que combinarán os coñecementos dos profesionais do sector e a perspectiva dos expertos, é definir posibles solucións aos desafíos identificados previamente baixo un enfoque integral e equilibrado no desenvolvemento.

 

A futura Estratexia de Turismo de Galicia 2030 estase a elaborar coa  misión de impulsar un turismo auténtico e sostible e co compromiso de preservar e realzar a riqueza cultural, natural, e social de Galicia.  As medidas que se definan no actual proceso de elaboración buscan consolidar o turismo como un factor de crecemento da economía, capaz de impactar positivamente na comunidade local e que sexa percibido así pola poboación.

 

Máis de 1.000 profesionais do sector participaron no proceso de diagnóstico previo a esta fase e que posibilitou a definición dos principais retos e preocupacións de profesionais e empresarios que integran o sector turístico galego.

 

02 de Maio de 2024

O Clúster e a Xunta abordan a elaboración da Estratexia de Turismo 2030 da man de máis de 100 profesionais e expertos

Analizarán posibles solucións aos retos identificados polo sector no proceso de diagnóstico realizado a finais do pasado ano. A través de oito mesas de traballo, que […]
29 de Abril de 2024

Máis de 100 establecementos únense á celebración da Primavera de Portas Abertas nas Rutas dos Viños

A iniciativa, organizada pola Xunta-Axencia Turismo de Galicia, e desenvolta en colaboración coas cinco entidades impulsoras das rutas do viño, dará comezo este 3 de maio […]
29 de Abril de 2024

A rendibilidade hoteleira medra un 15% no mes de marzo

A Semana Santa contribuíu á consolidación do sector hoteleiro galego. A recente tempada de Semana Santa consolidou a tendencia á alza na rendibilidade hoteleira, cun crecemento […]
29 de Abril de 2024

Comeza a coordinación de Galicia da marca turística do norte peninsular, ‘España Verde’

Reforzar a internacionalización dos destinos integrantes e crear sinerxías co ecoturismo, os compromisos principais. O director de Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou a semana […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559
Página siguiente