Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo Clúster Turismo de Galicia.
Pasado xa o tempo suficiente poder botar a vista atrás, os organizadores de FITUR están a facer balance da pasada edición da feira internacional turística celebrada en Madrid a finais do pasado mes de xaneiro. Unha das súas principais conclusións é o importante papel desempeñado alí pola representación galega desde o stand promovido pola Axencia Turismo de Galicia e no que o Clúster Turismo de Galicia tivo un gran protagonismo. Así, os responsables de FITUR sinalan que o espazo de Galicia foi “un referente para o sector turístico” e que este ano bateu récords de asistencia.
Ademais, destacan a gran actividade despregada polos profesionais do sector desde o espazo reservado para os negocios do stand e xestionado polo Clúster, ao acoller 400 reunións nas que tomaron parte máis dun milleiro de persoas. “Unhas cifras que reflicten o auxe do turismo e as boas perspectivas para 2023”, apuntan.
A imaxe de Galicia como destino turístico sostible e de calidade que transmitía o espazo galego, premiado precisamente na categoría “stand sostible”, é outro dos aspectos que destaca desde FITUR. Tamén poñen de manifesto tamén o gran interese que espertou na feira tanto a oferta de turismo MICE de Galicia como o Club de Produto Galicia Destino Sostibleposto en marcha polo Clúster coa colaboración da Xunta.