[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na cuarta edición da xornada monográfica organizada pola Deputación.

 

As oportunidades que para o sector turístico proporcionan as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) serán obxecto de análise e debate na cuarta edición da xornada TurisTIC de Pontevedra, que se celebrará o 2 de decembro nas instalacións do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. O foro está organizado pola Deputación de Pontevedra e a súa rede Smartpeme e a participación foi tanto presencial como en liña.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, tomou parte xunto coa presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, e o vicepresidente do Clúster TIC Galicia, Santiago Paz, na inauguración oficial da xornada. Tras as palabras da responsable provincial nas que destacou a importancia de que as administracións escoiten o sector á hora de adoptar decisións intelixentes e a necesidade de investir tamén no mundo rural e de dar resposta ás novas demandas dos usuarios en materia de dixitalización chegou a quenda de intervención do presidente do Clúster Turismo de Galicia.

 

Cesáreo Pardal coincidiu no chamamento en favor do sector turístico rural explicando que sen cobertura no móbiles nin nos computadores resulta difícil traballar e competir con outros territorios nunha época como a actual na que “desgraciadamente, é máis importante subir unha foto a Instagram que servir un almorzo feito con ovos da galiña da horta”. Ademais, referiuse ás consecuencias que a pandemia da covid tivo no sector en xeral: “Démonos conta durante todo este tempo de que a dixitalización era parte importante da caixa do noso negocio. O que non estaba presente cunha páxina web e en redes sociais non era capaz de vender. Pasamos un proceso moi acelerado no que o sector se deu conta de que é necesario estar ao día en temas de software, dixitalización, redes, actualización de calendarios…”.

 

Pardal referiuse, así mesmo, á necesidade de “seguir traballando, colaborando coa parte pública porque eles son os que toman as decisións, pero vós (o sector privado) sodes os que tedes que dicirlle cara a onde queremos avanzar”, e realizou un chamamento con vistas ao 2022: “Todo o que vendamos o ano que vén é o que imos recoller nos próximos anos. Temos que conseguir que a xente que veña a Galicia e Pontevedra reciba un servizo acorde coa excelencia que temos”.

 

Tras o acto inaugural celebrouse a primeira das dúas mesas redondas previstas no programa, dedicada ao “Turismo responsable na nova normalidade”. A xornalista Nani Areas foi a encargada de dar a palabra a Maite Vence, directora do  Observer Science  Tourism; Beatriz Pérez, directora executiva de Máis que Románico; Javier Olleros, chef do restaurante Culler de Pau, e Marta Iglesias, fundadora de Piragüilla Lecer e Aventura.

 

O programa incluíu tamén un relatorio de Esther Rodríguez, CEO e cofundadora de  Mystreetbook, sobre “Hiperpersonalización para un territorio intelixente e sostible” e unha segunda mesa redonda sobre “O protagonismo do dato no novo ecosistema turístico” coa deputada da área de Novas Tecnoloxías, Ana Meijías, como moderadora e a intervención de Guillem Escrivá, técnico analista responsable do proxecto de TRB en Nethodology; Lorena Rosende, CEO de Itera Técnica, e María José Villanueva, directora de transformación dixital da Fundación CTIC.

02 de Decembro de 2021

O sector turístico analiza en Pontevedra as oportunidades que ofrecen as TIC

O presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, participou na cuarta edición da xornada monográfica organizada pola Deputación.   As oportunidades que para o sector turístico proporcionan as […]
30 de Novembro de 2021

Écociña no Camiño impulsa o tirón gastronómico das rutas de peregrinación a Santiago

O Porto de Vigo acolleu o acto central desta iniciativa promovida por Turismo de Galicia coa colaboración do Clúster.   A gastronomía é un activo importante […]
29 de Novembro de 2021

O turismo de eventos congrégase na IBTM World de Barcelona

Galicia estará presente na feira internacional que se celebra do 30 de novembro ao 2 de decembro na capital catalá.   O turismo de eventos ten […]
28 de Novembro de 2021

Fegatur promociona o turismo rural no Camiño de Santiago levando de ruta a máis de 50 axentes de viaxes

Os “fam trips” organizados en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia desenvólvense en catro dos itinerarios das rutas de peregrinación.   Máis de medio centenar de […]
Página anteriorPágina siguiente