[:gl]Novas[:es]Noticias[:en]News[:]

A publicación especializada sinala no seu último número as que considera novidades que marcarán a evolución do sector

A revista especializada Hosteltur recolle no seu último número unha reportaxe sobre as tendencias turísticas de 2017, tendencias que se concentran especialmente na personalización da experiencia e que veñen marcadas por tres vectores crave: crecemento, incerteza e sustentabilidade. Nesta contorna, cada vez máis empresas e destinos afánanse por innovar para diferenciarse da competencia, lanzando ao mercado novos produtos e servizos. E é que, a pesar das cifras que falan de recuperación, boas cifras para o conxunto do sector e incremento do emprego, séguense percibindo elementos que xeran incerteza: o impacto do Brexit na Unión Europea, a chegada de Trump a nivel global, o terrorismo ou o incremento imparable das vivendas de uso turístico son elementos que xeran tensión, sen esquecer que o feito de que veñan máis turistas a España “non necesariamente trasladarase en máis ingresos se se produce esa guerra de prezos ou ese tsunami de oferta non regulada”, analiza Hosteltur.

Ademais, este ano é o da sustentabilidade, e segundo datos feitos públicos en Fitur, un terzo dos turistas decantaranse este ano por destinos ecofriendly e responsables. Cada vez máis os turistas móstranse máis partidarios de participar en destino en labores como a limpeza de praias ou a contribución aos negocios locais. E o aloxamento debe ir acorde con esta sensibilidade e os hoteis con certificación de sustentabilidade convertéronse nunha verdadeira esixencia para moitos turoperadores.

A ultra personalización das experiencias, como antes comentamos, será pois unha das tendencias deste ano, aproveitando a información que ofrece o Big Data, aplicable tanto aos servizos como aos turoperadores ou aos hoteis, que optan cada vez máis por unha microsegmentación da súa clientela para poder adaptar a súa oferta aos diferentes nichos de mercado, desenvolvendo unha estratexia de personalización da experiencia que ofrecen ao cliente. Deste xeito buscan lograr a súa satisfacción plena e consecuente fidelización.

O futuro xa está aquí

Entre as tendencias que destaca Hosteltur está tamén as novidades en mobilidade (avións, taxis, vehículos de aluguer), a realidade virtual, que chega pisando forte para favorecer a fase de inspiración, a formación e o entretemento das viaxes facéndolles “experimentar” as súas viaxes en primeira persoa ou a chamado “internet das cousas”, que suporá unha verdadeira revolución nos próximo anos. A implementación desta tecnoloxía permitirá conectar diferentes dispositivos entre si para ofrecer ao hóspede unha experiencia totalmente diferente no hotel, xa que controlará xanelas, temperatura, auga, etc. desde o seu dispositivo móbil.

22 de Marzo de 2017

Crecemento, incerteza e sustentabilidade, as claves do turismo en 2017 segundo Hosteltur

A publicación especializada sinala no seu último número as que considera novidades que marcarán a evolución do sector A revista especializada Hosteltur recolle no seu último […]
21 de Marzo de 2017

O I Foro Inventa a túa Comunicación reunirá en Compostela a 500 profesionais

Baixo a lema “Se podes comunicalo, podes facelo”, Santiago de Compostela acollerá os próximos días 31 de marzo e 1 de abril o I Foro Inventa […]
20 de Marzo de 2017

O Camiño Portugués xa e o segundo itinerario xacobeo máis transitado

Con motivo da inauguración do novo albergue de peregrinos en Milladoiro, no municipio de Ames, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou a nova […]
16 de Marzo de 2017

Participación galega no Salón Mundial de París

O recinto de París Expo Porte de Versailles acolle ata o domingo 19 de marzo a 42ª edición do Salón Mundial do Turismo, un evento que […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538
Página siguiente