• No marco da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, organízase tamén o IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde.

 

Uruguai converterase durante tres días no epicentro do termalismo internacional. Neste país levarase a cabo a xa 21ª edición de Termatalia. O obxectivo desta feira, nada na capital termal de Ourense en 1997, é actuar como axente dinamizador do sector do turismo de saúde a nivel mundial.

 

O evento converteuse no punto de encontro entre a tradición balnearia europea e o potencial da América Latina, en un espazo de convivencia onde se crean novas sinerxías. O Ministerio de Turismo da República Oriental de Uruguai recoñeceu a importancia desta feira declarándoa Evento de Interese Turístico, que redundará en beneficio para o sector turístico e termal do país.

 

Durante a celebración da feira levaranse a cabo diferentes accións profesionais, como o IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde, un workshop con operadores turísticos, unha misión de prensa especializada, rondas de negocio, un encontro de Políticas Públicas de Termalismo, unha viaxe de familiarización, e diversos cursos de capacitación.

 

O congreso fomenta o intercambio de experiencias no ámbito empresarial, institucional e social co fin de impulsar o mercado do Turismo Termal e do Benestar e abrir grandes canles de comercialización. Este 2023 Termatalia converterase nun centro de negocios, capacitación e networking congregando a profesionais do sector de máis de 25 países.

 

A última edición do congreso, celebrada en Ourense en setembro do 2022, o congreso contou con 140 expositores, 25 países participantes, 25 operadores turísticos especializados, 70 poñentes internacionais e máis de 6.300 visitantes profesionais.

26 de Setembro de 2023

A 21ª edición de Termatalia celébrase do 4 ao 6 de outubro en Uruguai

No marco da Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, organízase tamén o IV Congreso Internacional sobre Auga e Saúde.   Uruguai converterase durante tres […]
14 de Xuño de 2023

O Clúster de Turismo promociona o turismo sostible e familiar en Turexpo

A Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e os salóns paralelos Salimat Abanca, Turexpo Galicia, Festur e Fecap Abanca, recibiron máis de 100.000 visitantes en […]
18 de Marzo de 2023

FITUR cualifica de “referencia para o sector turístico” o stand de Galicia na pasada edición da feira

Os organizadores da cita turística internacional madrileña destacan o récord de visitantes do espazo galego e a gran actividade da área de negocios xestionada alí polo […]
10 de Marzo de 2023

Proveitosa participación do turismo galego na ITB Berlín

Os integrantes da misión comercial organiza polo Clúster mantiveron decenas de reunións durante a feira turística internacional da capital alemá.   O secretario xeral da Organización […]