• Ademais da iniciativa Galicia Destino Sostible, participarán na cita as empresas turísticas Galiwonders, Rutas Meigas, Pilgrim Travel e Viajes Interrías.

 

O Clúster Turismo de Galicia fomenta a participación das empresas e iniciativas galegas nas citas europeas. Desta quenda será a capital de Polonia a que acollerá un workshop no que participarán 4 empresas galegas: Galiwonders, Rutas Meigas, Pilgrim Travel e Viajes Interrías.

 

A participación no workshop de Varsovia permitirá establecer contactos profesionais entre empresas e destinos turísticos, dando a coñecer a oferta turística galega entre axentes de viaxe e turoperadores internacionais.

 

A marca ‘Galicia Destino Sostible’, por Europa adiante

 

Por primeira vez, o Clúster levará a marca ‘Galicia Destino Sostible’ a un evento deste tipo co obxectivo de dar a coñecer a ampla oferta sostible da nosa Comunidade en mercados de interese internacional, como pode ser o polaco. Unha das empresas do propio Club de Produto desta iniciativa será a encargada de dar a coñecer unha iniciativa que busca integrar toda a oferta turística sostible galega: desde a gastronomía, ata aloxamentos, ecocultura, deportes, aventura, escapadas, astroturismo, ou diversas actividades como a náutica ou escalada.

 

 

Esta cita é unha oportunidade para xerar novos contactos, ampliar coñecementos, recibir e dar información, coñecer as últimas novidades do sector e continuar promovendo o turismo galego a nivel europeo.

26 de Setembro de 2023

O Clúster fomenta a participación da marca ‘Galicia Destino Sostible’ e de 4 empresas galegas no workshop de Varsovia

Ademais da iniciativa Galicia Destino Sostible, participarán na cita as empresas turísticas Galiwonders, Rutas Meigas, Pilgrim Travel e Viajes Interrías.   O Clúster Turismo de Galicia […]
01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]
23 de Marzo de 2023

Os nosos restaurantes presumen de talento nas galas da Guía Michelin e do certame De Tapas por Galicia

Un total de 54 establecementos foron distinguidos pola popular publicación durante o acto celebrado na Coruña.   O restaurante Paprica e o ArteSana Gastrobar gañaron os […]
11 de Marzo de 2023

Premio para tres empresas de Galicia Destino Sostible

Os cámpings Paisaxe II e Illa de Ons, e o hotel Bosque Mar, primeiros galardoados cos premios Turismo Sostible Provincia de Pontevedra.   O presidente do […]