Sin categoría

As accións contidas nesta planificación suporán investimentos de preto de 500 millóns de euros en tres anos, dos cales máis da metade se dedicarán a reactivar o sector no primeiro deles

A Xunta, o Clúster Turismo de Galicia e as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña, presentaron o traballo conxunto que deu orixe ao Plan Director “Galicia Destino Seguro” 2021-2023 que a Xunta porá en marcha. Trátase dunha planificación absolutamente condicionada polas necesidades de reactivación do sector despois da pandemia, que suporá investimentos de máis de 470 millóns de euros, dos cales 261 millóns corresponden a actuacións durante o primeiro ano.

Para preparar o plan, realizouse un diagnóstico cualitativo e cuantitativo sobre as consecuencias da crise, que se levou a cabo entre finais do ano pasado e o comezo desta. Por outra banda, establecéronse liñas de acción estratéxicas para avanzar cara a un destino turístico de acordo coa nova demanda social dun destino turístico sostible e aliñadas coa Axenda 2030 das Nacións Unidas.

Para acadar os seus obxectivos estratéxicos, o Plan Director baséase en catro piares:

  • a calidade como sinal de identidade do sector,
  • a seguridade e a hospitalidade do destino,
  • a uso intensivo da tecnoloxía e o impulso da innovación, e
  • a sustentabilidade 360º como elemento vertebrador.

O Plan prantexa cinco novos obxectivos:

  • a fixación de proxectos tractores que permitirán impulsar a recuperación do sector,
  • a recuperación do obxectivo 5 millóns de viaxeiros ata 2023,
  • a dixitalización como gran catalizador do cambio empresarial, e
  • as certificacións de saúde e seguridade como elemento clave na promoción dos destinos.

Para logralos, propón sete liñas estratéxicas:

  1. Galicia Destino Seguro e de saúde, promocionando e adaptando á oferta ás prioridades do viaxeiro,
  2. apoio ao tecido empresarial. Proxectos tractores e impulso da formación,
  3. o Territorio e os recursos turísticos: impulso de accións que permitan a fixación da poboación no medio rural,
  4. promoción, comercialización e MK Turístico. Creación de produtos turísticos e reimpulso dos xeodestinos,
  5. innovación e tecnoloxía turística. A tecnoloxía ao servizo da xestión integral do turismo, estimulo de ideas innovadoras: impulso dun centro de referencia gastronómico (modelo Basque Culinary Center), creación dun think tank (grupo de traballo dentro do Consello de Turismo),
  6. sustentabilidade 360º: economía circular, pacto verde europeo, implantación de proxectos de loita contra a basuraleza, xestión de residuos, pegada de carbono…, e
  7. gobernanza e Xestión Turística, incluíndo a intelixencia turística: proxecto EDIT, xestión de fluxos turísticos, big data e monitorización do turista/peregrino

 

22 de Xullo de 2021

A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia A Xunta, o Clúster e as Universidades presentan o Plan Director 2021-2023 para o turismo en Galicia

As accións contidas nesta planificación suporán investimentos de preto de 500 millóns de euros en tres anos, dos cales máis da metade se dedicarán a reactivar […]
24 de Abril de 2020

A OMT lanza unha mensaxe de apoio ao emprego e á economía a través das viaxes e o turismo

Chamamento á acción para mitigar o impacto socioeconómico da COVID-19 e acelerar a recuperación A Organización Mundial do Turismo (OMT) en colaboración coa Organización Mundial da Saúde […]
17 de Setembro de 2019

Unha plataforma en liña comercializará a oferta enoturística do cinco rutas do viño de Galicia

En virtude dun convenio asinado entre as Asociacións das Rutas do Viño de Galicia e a Xunta de Galicia, a administración pública dotará a oferta enoturística […]
03 de Setembro de 2019

A Semana Náutica Abanca arrinca cun incremento do financiamento da Xunta de Galicia

A Semana Náutica Abanca 2019 comeza este sábado, 7 de setembro en augas galegas e faio con máis apoio económico da Xunta de Galicia que outros […]