Xornadas de portas abertas para coñecer a oferta de formación do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Xornadas de portas abertas para coñecer a oferta de formación do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

  • En total realizaranse 10 xornadas de portas abertas para dar a coñecer a oferta formativa do centro a futuros estudantes

O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) celebrará 10 xornadas de portas abertas para presentar a súa oferta formativa a futuros estudantes. Esta iniciativa levarase a cabo todos os sábados desde o 13 de abril ata xuño, ofrecendo aos interesados a oportunidade de coñecer de preto as nosas instalacións, programas educativos e as novidades que preparan de cara ao próximo curso académico.

 

Durante estas xornadas, que comezarán ás 11:00 horas, os visitantes terán a oportunidade de explorar as súas instalacións e participar en actividades interactivas. Poderán obter información detallada sobre o Grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, con especialidades en Gastronomía e Xestión Hoteleira, ademais de interactuar con alumnos e profesores, quen compartirán as súas experiencias e responderán a preguntas.

 

Durante as sesións tamén se presentarán as últimas novidades en materia de bolsas e axudas para o alumnado, incluíndo novas opcións de aloxamento na residencia do centro. Tamén se adiantarán detalles sobre unha nova titulación, o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería, que estará dispoñible no próximo curso académico.

 

Para participar nestas xornadas de portas abertas, os interesados deben inscribirse previamente na páxina web do centro. As sesións levaranse a cabo os días 13, 20 e 27 de abril; 5, 11 e 25 de maio; e 8, 15, 22 e 29 de xuño.