• Atlas Obscura, revista en liña e empresa de viaxes con sede en Estados Unidos, cataloga 27 recunchos de Galicia dentro dos lugares máis extraordinarios, asombrosos e sorprendentes do planeta.

 

Esta coñecida revista estadounidense leva recollendo as achegas de toda a súa comunidade de viaxeiros e aventureiros desde 2009. Seleccionou 25,300 lugares ao redor de todo do mundo e catalogounos como os máis bonitos e extraordinarios do planeta. A súa lista , que ten forma de mapa interactivo, contén 27 recunchos que non te podes perder en Galicia:

 

Na Coruña, o banco máis bonito do mundo, as Fragas do Eume, as Baterías de Cabo Prior, o Parque do Pasatempo de Betanzos, os Menhires pola Paz, a Torre de Hércules, o ascensor do Monte de San Pedro, o Museo do Alemán, A Trufa, a Capela/Santuario de Santa Minia, o Banco Acústico da Alameda, A sombra do Peregrino, o Botafumeiro e os Castros de Baroña.

 

En Lugo, a Praia das Catedrais, O avó (Souto da Retorta), a Muralla Romana de Lugo e as ruínas do vello Portomarín.

 

En Ourense, Ribadavia Casa da Inquisición, a Cidade dos Muchachos, o Mosteiro de San Pedro de Rocas e a Casa das Pedriñas.

 

En Pontevedra, a Ermida da Toxa, a Illa de San Simón, a Batería Militar J-14, os Muíños do Folón e do Picón e Aquis Querquennis.

 

Catro provincias cheas de historia, tradición, gastronomía, natureza, e un valiosísímo patrimonio cultural, arquitectónico e paisaxístico, algo que nós xa sabiamos, pero que nunca nos deixará de sorprender.

18 de Setembro de 2023

Atlas Obscura selecciona 27 lugares extraordinarios para visitar en Galicia

Atlas Obscura, revista en liña e empresa de viaxes con sede en Estados Unidos, cataloga 27 recunchos de Galicia dentro dos lugares máis extraordinarios, asombrosos e […]
18 de Setembro de 2023

‘10+10 ejemplos empresariales #PorElClima’, a iniciativa que recoñece o compromiso e ambición climática das empresas

O obxectivo desta convocatoria é visibilizar as accións empresariais en materia de acción climática. A presentación de candidaturas permanecerá aberta ata o vindeiro 29 de setembro. […]
18 de Setembro de 2023

O Clúster organiza unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo, que terá lugar na capital británica do 6 ao 8 de novembro. […]
13 de Setembro de 2023

A Costa da Morte impulsa o astroturismo

O principal reto é avanzar cara á excelencia turística a través de produtos diferenciadores. Os principais actores implicados na xestión e promoción da Costa da Morte […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559560561562563
Página siguiente