Entre o 17 e o 20 de marzo, a capital francesa acolle o Salon Mondial du Turisme de París, unha cita á que Turismo de Galicia acode por vez primeira para achegar a oferta turística galega aos principais mercados emisores para a comunidade galega, que estarán presentes nesta feira á que acode público profesional e xeral.
A participación galega producirase dentro do espazo asignado para España, desde o que se difundirán os atractivos da oferta turística galega e as principais novidades para este 2016, ademais de manter encontros con axentes do sector.
E é que o mercado francés é sen dúbida un dos princiales emisores de turistas ao noso territorio. Con máis de 1.200 viaxeiros aloxados e 3.000 pasas a noite, o mercado francés constituíu no pasado mes de xaneiro o segundo mercado internacional máis importante para Galicia, despois de Portugal. No conxunto do ano, o mercado francés situouse no quinto en orde de importancia para Galicia, con máis de 93.000 viaxeiros aloxados e preto de 140.000 pasas a noite.