Galicia alcanzou en xaneiro a segunda cifra máis alta de viaxeiros e noites pasadas para ese mes da serie histórica.

 

As cifras dos hoteis no primeiro mes deste ano aumentaron un 40 % con respecto ao 2022.

 

O sector turístico galego comezou o ano confirmando a tendencia á alza do 2022 e rexistrando uns bos datos de viaxeiros e noites pasadas que lle permiten rozar en ambos os casos o récord da serie histórica, marcado en xaneiro do ano 2020, en vésperas do inicio da pandemia da covid, segundo os datos feitos públicos pola Área de Estudos e Investigación de Turismo de Galicia.

 

Os 192.730 viaxeiros totais rexistrados en xaneiro deste ano supoñen un aumento do 34,6 % con respecto ao ano pasado e quedan a un só punto da cifra histórica de xaneiro do 2020. Igual sucede coas noites pasadas, posto que as 360.000 deste comezo do 2023 supoñen un incremento do 32 % en relación ao 2022 e quedan a só 1.000 noites do récord alcanzado no primeiro mes do 2020.

 

Por sectores, o final do dobre Ano Santo Xacobeo 21-22 e a consecuente diminución da afluencia de peregrinos deixouse notar no ámbito dos albergues, que viron reducidos no primeiro mes deste 2023 o número de visitantes nun 33 % en relación ao 2022 e o de noites nun 36,8 %. Pero estas cifras foron amplamente compensadas polos hoteis e pensións. No caso dos establecementos hostaleiros, a variación con respecto a xaneiro do ano pasado foi dun 40 % máis de viaxeiros, sumando un total de 157.527, e a alza das noites, do 37,2 %, ata chegar ás 270.029. No caso das pensións, o aumento dos viaxeiros en xaneiro deste ano con respecto ao mesmo mes do 2022 foi do 31,6 %, alcanzando un total de 21.533, e o de noites, do 22,9 % sumando unha cifra total de 53.410.

 

Pola súa banda, os cámpings e os establecementos de turismo rural experimentaron incrementos máis modestos, mentres que os apartamentos turísticos sufriron un lixeiro descenso do número de viaxeiros (un 2,9 % menos), aínda que aumentou o número de noites pasadas (un 20,6 % máis).

 

09 de Marzo de 2023

Bo comezo de ano para os aloxamentos turísticos galegos

Galicia alcanzou en xaneiro a segunda cifra máis alta de viaxeiros e noites pasadas para ese mes da serie histórica.   As cifras dos hoteis no […]
06 de Marzo de 2023

Unha vintena de profesionais participan na misión comercial do Clúster á ITB Berlín

A feira turística da capital alemá celebrarase desde este martes 7 ata o xoves 9.   A misión comercial promovida polo Clúster Turismo de Galicia para […]
04 de Marzo de 2023

O Clúster avogou desde BioCultura polo turismo sostible

O Club de Produto Galicia Destino Sostible centrou o labor de difusión realizada na feira coruñesa desde o stand do Clúster.   O vicepresidente da entidade, […]
03 de Marzo de 2023

Ourense albergará a nova Área de Turismo Termal da Xunta

O departamento, dependente de Turismo de Galicia, encargarase da proxección da comunidade no exterior como potencia en termalismo.   A Xunta de Galicia vai crear un […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente