A Consellería de Sanidade eliminou á comunidade de Cataluña da listaxe de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego, segundo recóllese nunha resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 19.08.2020. Iso supón que os visitantes procedentes desa rexión xa non están obrigados a rexistrarse ao chegar á comunidade galega nun prazo máximo de 24 horas.

Mantense, no entanto, o rexistro obrigatorio para persoas que procedan de Madrid, Aragón, Navarra e País Vasco. Así mesmo, deben cumprimentar ese rexistro os viaxeiros procedentes de calquera país africano, e os que cheguen de certos países do continente americano, entre eles, Arxentina, Brasil, Venezuela ou Estados Unidos.

Na listaxe actualizada por Sanidade, elimínanse algúns países europeos, como Andorra, Bélxica, Croacia ou Rusia, pero mantense a obrigación de rexistro para os visitantes que procedan de Acerbaixán, Illas Feroe e Kósovo. Do mesmo xeito, deberán rexistrarse as persoas que cheguen a Galicia e estivesen nas semanas anteriores en certos países asiáticos, como India, Irán, Iraq, Palestina, Filipinas, Siria, Tailandia ou Vietnam, entre outros.

21 de Agosto de 2020

Sanidade elimina a Cataluña da listaxe de comunidades cuxos viaxeiros deben rexistrarse ao chegar a Galicia.

A Consellería de Sanidade eliminou á comunidade de Cataluña da listaxe de rexións españolas cuxos viaxeiros deben rexistrarse de forma obrigatoria ao chegar a territorio galego, […]
19 de Agosto de 2020

Compostela en Marcha dinamizará a cidade durante os próximos meses con actividades lúdico-culturais

Organizado pola Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago, esta semana comezou a primeira […]
18 de Agosto de 2020

Exceltur revisa a súa previsión de caída e avanza que o ano terminará con perdas de case 99 mil millóns para o sector turístico español

A actualización do informe cifra as perdas en Galicia en -3.586 millóns de euros, o que equivale a un -52,7% menos de ingresos derivados por turismo […]
17 de Agosto de 2020

Máis de 10.000 persoas solicitaron xa o bono turístico, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas

Máis de 320 establecementos de aloxamento e axencias de viaxe adheríronse a este programa, que se prolongará até o 13 de decembro Algo máis de 10.300 […]