Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.

 

Representantes do sector turístico de todo o mundo participan estes días na cidade italiana de Rímini na 58° edición do TTG Travel Experience. Entre os asistentes figuran os integrantes dunha misión comercial organizada polo Clúster Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e encabezada polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, que permitirá a profesionais do turismo galego intercambiar impresións e propostas cos seus homólogos doutros países.

 

Durante as tres xornadas que dura esta veterana feira, unha das máis importantes do sector en Italia, profesionais e expertos están a tomar contacto coas últimas novidades na industria das viaxes. Trátase, en palabras dos seus promotores, dun “encontro para promover oportunidades comerciais e de networking entre quen crea o produto e quen o distribúe en Italia e no estranxeiro”, que tamén ofrecerá a todos os asistentes a posibilidade de “facer crecer a súa rede e negocio”.

 

É por iso que desde o Clúster Turismo de Galicia se impulsou esta misión comercial destinada tanto a representantes do sector da comercialización e a distribución (maioristas e axencias de viaxe) como do ámbito do aloxamento e a oferta complementaria (hoteis, cámpings, turismo rural, MICE, turismo activo e náutico).

14 de Outubro de 2021

O Clúster promociona Galicia na feira internacional TTG de Rímini

Unha misión comercial encabezada por Cesáreo Pardal desprazouse ata Italia para participar na 58° edición deste encontro destinado a profesionais do sector turístico.   Representantes do […]
13 de Outubro de 2021

Turismo de Galicia organiza un webinar sobre as axudas para a hostalería e a restauración

Celebrarase este xoves, 14 de outubro, entre as 16,30 e as 18.30 horas.   O contido, os requisitos, os prazos e o resto da información necesaria […]
11 de Outubro de 2021

Prego de condicións que rixen a contratación do servizo para a “DEFINICIÓN E POSTA EN MARCHA DUN CLUB DE PRODUTO QUE SERVIRÁ DE BASE PARA A COMERCIALIZACIÓN DUNHA OFERTA TURÍSTICA CENTRADA NA SOSTIBILIDADE”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 26 de outubro de 2021 Descarga os pregos
11 de Outubro de 2021

Prego de condicións que rixen a contratación do servizo para a “COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN NO SECTOR TURÍSTICO E Á SOCIEDADE EN XERAL DO CLUB DE PRODUTO SOSTIBLE”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 26 de outubro de 2021 Descarga os pregos