Es un profesional ou unha empresa turística? Se é así interésache coñecer #Turespazo, a rede privada coa que a Xunta de Galicia dotou ao sector turístico galego como unha ferramenta máis para a difusión da oferta turística galega.
Concibido como un espazo de contribución e participación entre o sector turístico e a administración, esta extranet atópase aínda en período de probas, de aí o interese de celebrar sesións informativas abertas para o sector que contribúan a solucionar dúbidas de funcionamento e mellorar funcionalidades e operatividade da rede. Nestes momentos, Turespazo contén toda a información que a administración pública ten das diferentes empresas turísticas rexistradas no REAT (Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas), e está accesible a través da url: http://turespazo.turismo.gal.
Previa identificación, os empresarios poderán acceder aos datos oficiais e promocionais que a Administración ten sobre a súa empresa e poderá modificalos. TURESPAZO está enlazado coa sede electrónica da Xunta para facilitar cambios na información de índole administrativa así como a realización de calquera dos preto de 30 trámites que a Xunta ten dispoñibles para o sector turístico. A través da plataforma os profesionais e empresarios poderán modificar tamén datos promocionais relativos aos seus establecementos, que se actualizarán previa revisión, na rede portais, aplicacións móbiles e outros soportes (folletos, pantallas táctiles, casetas de Turismo), facilitándolle ao usuario final unha información de calidade. Tamén vai incorporar funcionalidades como a publicación de ofertas de cada establecemento ou de plans -viaxes combinadas- no caso das axencias de viaxe.

TURESPAZO é unha das iniciativas do Plan Smart Turismo que a Xunta puxo en marcha o pasado ano para impulsar a modernización tecnolóxica dun sector estratéxico da economía galega, ademais de contribuír a aforrar tempo e recursos aos profesionais do sector e optimizar a súa relación coa Administración e mellorar a oferta turística a través da Rede.

23 de Maio de 2016

Turespazo entra en período de probas para a súa optimización e coñecemento entre o sector turístico galego

Es un profesional ou unha empresa turística? Se é así interésache coñecer #Turespazo, a rede privada coa que a Xunta de Galicia dotou ao sector turístico […]
23 de Maio de 2016

Entra en funcionamento a ruta ?Illas Atlánticas e vilas mariñeiras?, o segundo dos cruceiros costeiros por Galicia

Co obxectivo de seguir captando novos fluxos turísticos estes días púñase en funcionamento o segundo dos mini cruceiros costeiros que permitirán mellorar a oferta náutica galega […]
20 de Maio de 2016

Instruccións Internas de Contratación (IIC) da Asociación Empresarial Clúster Turismo de Galicia (CTG)

Descargar
17 de Maio de 2016

Contratación asistencia técnica para a WTM London 2016

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de “asistencia técnica para a organización dunha misión comercial á Feira Internacional WTM London 2016” coa colaboración […]