A localidade pontevedresa de Campo Lameiro foi escollida Capital do Turismo Rural 2023. O certame, impulsado por Escapada Rural e que xa vai pola súa sétima edición, ten como principal obxectivo dar visibilidade aos municipios que apostan polo turismo rural de calidade.
Campo Lameiro, a primeira localidade galega que recibe o galardón, impúxose cun 16,9% dos votos fronte a Candelea (16%), Zerain (12,4%), Colmenar de Oreja (10,7%), Nalda (10,3%), Bocairent (10%), Cardona (6,8%), Elche de la Sierra (6,5%), Segura (5,4%) e Ricote (5%). O municipio toma o relevo do pobo de Carzorla, en Jaén, gañador da edición anterior.
A capital da arte rupestre galega demostra así a potencia do turismo galego de interior, proclamándose como destino rural favorito dos viaxeiros en España.