A OMT acaba de poñer en marcha a segunda edición da iniciativa  Best  Turism  Villages.

 

Baixo a premisa de converter o turismo nun motor para o desenvolvemento rural e premiar a aquelas vilas que son un exemplo de promoción turística e preservación dos seus bens culturais e naturais, os seus valores comunitarios e a súa forma de vida, a Organización Mundial do Turismo (OMT) acaba de convocar a segunda edición de Best  Tourism Villages. Trátase dunha iniciativa á que no ano pasado concorreron máis de 170 candidaturas e que, finalmente, premiou a un total de 44 vilas de 30 países diferentes. Todas elas pasaron a formar parte da Rede Best Tourism  Villages creada pola OMT como espazo de intercambio de experiencias e boas prácticas e na que se poderán beneficiar das achegas de representantes do sector público e privado.

 

As vilas que aspiran a lograr este recoñecemento deben cumprir varios requisitos, como non superar os 15.000 habitantes e ter unha baixa densidade demográfica, estar situados nun espazo onde actividades tradicionais como a agricultura, a gandería e a pesca teñen un peso destacado, e compartir os valores e o estilo de vida da comunidade.

 

En canto aos criterios que serán obxecto de avaliación figuran os recursos naturais e culturais do lugar, o traballo desenvolvido para a súa conservación e promoción, a sustentabilidade económica, social e ambiental, o seu potencial turístico, a existencia dun modelo de goberno baseado na colaboración público-privada e que priorice o sector do turismo, as infraestruturas e conectividade do lugar, e a dispoñibilidade de servizos de sanidade e seguridade para velar polos residentes e os visitantes.

 

Cada país membro da Organización Mundial do Turismo poderá presentar tres candidaturas, que serán sometidas a avaliación por parte do comité asesor da OMT. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 28 de xuño e o nome dos pobos que serán recoñecidos como Best Tourism Villages farase público a finais de ano.

 

Na primeira edición, a OMT recoñeceu a dúas localidades españolas: Lekunberri (Navarra) e Morella (Castelló). Ademais, Cantavieja (Teruel) foi incluída no programa  Upgrade de Best Tourism Villages, que dá apoio a aquelas vilas que non cumpriron todos os requisitos, pero que co apoio da OMT poden mellorar as áreas nas que se detectaron deficiencias durante o proceso de avaliación.

29 de Abril de 2022

As vilas que conxugan turismo e preservación volverán ter recoñecemento por parte da Organización Mundial do Turismo

A OMT acaba de poñer en marcha a segunda edición da iniciativa  Best  Turism  Villages.   Baixo a premisa de converter o turismo nun motor para […]
28 de Abril de 2022

O Clúster Turismo de Galicia mostra o seu total rexeitamento ao decreto de rexistro en aloxamentos e reclama unha inmediata moratoria da súa entrada en vigor e unha revisión en profundidade

O Real Decreto, que entrou en vigor onte, triplica a información que as persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos […]
26 de Abril de 2022

Galicia continúa en Zurich a promoción do Xacobeo 21-22

O Clúster Turismo de Galicia exerce de embaixador do Camiño na cidade suíza no marco da xira de presentacións que realiza Turismo de Galicia.   O […]
23 de Abril de 2022

O turismo MICE prevé recuperar o 50 % da actividade prepandemia a finais deste ano

O estudo sobre o sector presentado polo Spain Convention Bureau destaca que as persoas que participan nestes eventos gastan un 330 % máis que o turista […]
Página anteriorPágina siguiente