O novo acordo, aprobado polo Goberno autonómico, supoñerá un investimento de 1 millón de euros ata o ano 2025 para elaboración, creación, comercialización e difusión de produtos.

 

A colaboración que a Xunta e o Clúster Turismo de Galicia veñen desenvolvendo para fomentar o turismo sostible terá continuidade. Na última reunión do Consello do Goberno autonómico foi aprobada a renovación do convenio asinado entre a Axencia Turismo de Galicia e este Clúster para a consolidación de produtos turísticos sostibles en Galicia.

 

O novo convenio permitirá seguir desenvolvendo o Club de Produto Galicia Destino Sostible, presentado de forma oficial en xullo do ano pasado e que no seu primeiros oito meses de vida xa logrou a adhesión de máis de 70 empresas do sector turístico (tanto aloxamentos, como axencias de viaxes e empresas de oferta complementaria) e a creación de máis dun centenar de produtos. O convenio terá vixencia ata decembro do 2025 e permitirá destinar a este fin algo máis dun millón de euros repartidos en tres anualidades: 333.000 euros para o presente exercicio, 343.900 para o 2024, e 354.800 para o 2025.

 

Desde a Xunta explican que se poderán así establecer liñas de actuación para o fortalecemento e a difusión da oferta turística sostible galega e realizar acciones comunicación, elaboración e creación de produto, así como o soporte para a súa comercialización. Ademais, sinalan que desta forma séguese avanzando na “consolidación de Galicia como destino turístico sostible, cumprindo cunha das liñas estratéxicas establecidas no Plan Director 2021-2023 Galicia Destino Seguro: a da sustentabilidade 360°.

 

24 de Febreiro de 2023

A Xunta renovará o convenio co Clúster para promocionar o Club de Produto Galicia Destino Sostible

O novo acordo, aprobado polo Goberno autonómico, supoñerá un investimento de 1 millón de euros ata o ano 2025 para elaboración, creación, comercialización e difusión de […]
23 de Febreiro de 2023

Cesáreo Pardal destaca a importancia do talento e a tecnoloxía no sector hoteleiro

O presidente do Clúster interveu na inauguración do terceiro Encontro de directores e directivos de Hostalería e Turismo de Galicia, celebrado en Santiago.   Un nutrido […]
22 de Febreiro de 2023

Prego de condicións que rexen a contratación do “SERVIZO DE OFICINA TÉCNICA PARA A XESTIÓN DO CLUB DE PRODUTO GALICIA DESTINO SOSTIBLE”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 9 de marzo de 2023 Descarga os pregos
22 de Febreiro de 2023

Prego de condicións que rexen a contratación dun servizo para a “XESTIÓN DAS REDES SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN DIXITAL DO CLÚSTER DE TURISMO DE GALICIA”, coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

Prazo aberto para a presentación de propostas ate o 9 de marzo de 2023 Descarga os pregos