O Clúster colabora nesta iniciativa promovida pola Xunta, o Cixug e as tres universidades galegas.

 

Un total de 250 mozos de entre 18 e 30 anos poderán participar neste programa de formación e mentoring, e mellorar así as súas posibilidades de atopar emprego.

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo.

 

A terceira edición do programa Xuventude Mentoring, posto en marcha pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e Mocidade e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións de Xestión Universitaria (CIXUG) coa colaboración das tres universidades galegas prepara xa o seu arranque coa apertura do prazo de presentación de solicitudes.

 

Os mozos de entre 18 e 30 anos rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil en Galicia que queiran mellorar as súas habilidades e competencias á hora de buscar emprego unha vez concluídos os seus estudos universitarios ou de formación profesional teñen ata o 10 de marzo de prazo para inscribirse a través do formulario habilitado na web https://xuventudementoring.gal/inscricion/  e optar a algunha das 250 prazas dispoñibles. A idade, a experiencia laboral, o expediente académico, a pertenza a colectivos de difícil inserción laboral e unha entrevista persoal son os criterios que determinarán a selección dos participantes.

 

A iniciativa conta coa colaboración dunha vintena de empresas, fundacións, asociacións e entidades diversas, entre as que se conta tamén o Clúster Turismo de Galicia. Esta terceira edición de Xuventude Mentoring desenvolverase entre os meses de abril a xuño e estruturarase ao redor de catro grandes bloques: actividades de asesoramento e acompañamento; actividades de mentoría; actividades formativas, e actividades de networking e visitas a empresas.

 

Na edición anterior, os participantes contaron co apoio de dous centenares de mentores e gozaron de máis dunha ducia de xornadas de networking e visitas e empresas, ademais de 43 horas de formación.

18 de Febreiro de 2023

Aberto o prazo de inscrición no terceiro Xuventude Mentoring

O Clúster colabora nesta iniciativa promovida pola Xunta, o Cixug e as tres universidades galegas.   Un total de 250 mozos de entre 18 e 30 […]
17 de Febreiro de 2023

Adxudicación do servizo de “DESENVOLVEMENTO DE DOUS WORKSHOPS CON ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN EN DESTINOS NACIONAIS”

Adxudicatario: Viajes Fisterra S.L.U Importe de adxudicación: 69.950,00 €
16 de Febreiro de 2023

Case 40.000 galegos se beneficiaron dos bonos #QuedamosenGalicia durante as súas tres edicións

A iniciativa arrincou no 2020 por iniciativa da Xunta e o Clúster para premiar o labor dos sanitarios durante a pandemia e estendeuse no 2021 e […]
15 de Febreiro de 2023

O Clúster incorpórase á Mesa do Turismo de España

A adhesión, acordada polo Consello Directivo da Mesa, foi ratificada na súa asemblea de socios celebrada en Madrid coa presenza do presidente do Clúster, Cesáreo Pardal. […]