Tralo peche dun mes de xullo positivo en ocupación, cun incremento medio do 6% no número de viaxeiros e do 5% no número de viaxeiros, as casas de turismo rural galegas afrontan o que tradicionalmente é o mellor mes do ano, agosto, con moi boas expectativas. Unhas previsones que veñen apoiadas polos estudos publicados por Tuscasasrurales.com e por Top Rural, ambos os portais especializados en comercialización deste tipo de aloxamentos.

Aínda que difiren na porcentaxe de ocupación que auguran para o mes de agosto nas casas galegas, – TusCasasRurales cífrao nun 60,42% mentres que para Top Rural podería alcanzar o 78% da ocupación-, no que ambos os estudos coinciden é en colocar a Galicia no top 5 dos destinos favoritos dos turistas rurais este verán. Galicia situaríase así como a quinta comunidade con maior taxa de ocupación, só por detrás de Baleares, Asturias, Navarra, Cataluña e Euskadi, no caso do estudo de Tuscasasrurales mentres que para Top Rural o primeiro posto sería para Cantabria, seguido de Asturias, País Vasco e Baleares.

Estas cifras de ocupación superan amplamente a media de ocupación estatal para este tipo de aloxamentos que se sitúa en trono ao 53%, segundo o estudo de Tuscasasrurales.com e do 56% para Top Rural. Este último estudo establece tamén que Pontevedra a que lidera a listaxe cunha ocupación do 82 %, seguida de Ourense cunha porcentaxe do 78 %, A Coruña cun 77 % e á cola sitúase Lugo, cun 70 %.

En calquera caso, máis aló da discrepancia das cifras, o que ambos deixan de manfiesto é a mellora global na ocupación das casas de turismo rural galegas con respecto aos anos anteriores e unha tendencia de constante crecemento.

01 de Agosto de 2017

Agosto, o gran mes para o turismo rural galego

Tralo peche dun mes de xullo positivo en ocupación, cun incremento medio do 6% no número de viaxeiros e do 5% no número de viaxeiros, as […]
31 de Xullo de 2017

Sobe o número de turistas estranxeiros que chegou a Galicia en xuño

Galicia recibiu en xuño 148.184 turistas internacionais procedentes no seu maior parte de Portugal, Reino Unido, Francia e Alemaña, país este último que incrementa moi notablemente […]
26 de Xullo de 2017

Uso responsable da auga por parte da hostalaría coruñesa

A Asociación Provincial de Hostalería da Coruña súmase á campaña da Xunta de Galicia para concienciar á sociedade sobre a necesidade de facer un uso responsable […]
26 de Xullo de 2017

Mellora o número de pasas a noite e a estadía medida en xuño

Galicia consegue unha nova marca histórica de turistas no primeiro semestre do ano con 1,8 millóns O número de viaxeiros aloxados nos hoteis da Comunidade entre […]