Os 442.000 viaxeiros e as 766.000 noites pasadas supoñen os mellores datos para ese mes da serie histórica do INE.

 

Palas de Rei situouse como o terceiro punto turístico de toda España con maior porcentaxe de ocupación durante o mes pasado.

 

Os hoteis galegos afrontan o verán co obxectivo de facer boas as previsións e deixar atrás a caída de visitantes e ocupación que supuxo a pandemia da covid. Os últimos datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE)convidan tamén o optimismo, debido a que reflicten como durante o pasado mes de maio os hoteis desta terra bateron os seus récords históricos tanto de visitantes como de noites pasadas.

 

Foron un total de 442.557 os usuarios que pasaron polos establecementos galegos durante maio, o que non só supón case triplicar os 154.200 do mesmo mes do ano pasado, senón que se sitúa tamén por riba dos 425.307 rexistrados no 2019 e marca un novo récord para a serie histórica da enquisa de ocupación hostaleira do INE, que se remonta ao ano 1999. Similar situación deuse en canto ás noites pasadas, debido a que das 284.554 de maio do ano pasado pasouse a 766.477 en maio deste ano, cifra que supera tamén lixeiramente as 765.901 do maio do 2019, anterior récord desta serie.

 

O auxe do Camiño de Santiago e da celebración do dobre Ano Santo Xacobeo 21-22 tamén contribuíron á boa marcha dos hoteis galegos. De feito, segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela as 48.254 compostelas seladas durante maio, superan as do mesmo mes do 2019 (46.673) e supoñen un novo récord.

 

E isto propiciou que o municipio de Palas de Rei, pola que pasa a principal ruta de peregrinación a Santiago de Compostela (o Camiño Francés), pero tamén o Camiño Primitivo, apareza nas estatísticas do INE de maio referidas aos puntos turísticos con maior grao de ocupación. O seu 72,54 % de ocupación durante ese mes permite á localidade lucense situarse nun podio encabezado por destinos tan famosos como Torremolinos (73,39 %) e Barcelona (73,26 %) e superar a cidades como Valencia (69,53 %), Sevilla (69,29 %) e Palma de Mallorca (68,99 %).

25 de Xuño de 2022

Maio de récord para os hoteis galegos

Os 442.000 viaxeiros e as 766.000 noites pasadas supoñen os mellores datos para ese mes da serie histórica do INE.   Palas de Rei situouse como […]
22 de Xuño de 2022

Máis ciclos e investimentos para a Formación Profesional na rama turística e hostaleira

O presidente da Xunta destaca a contribución destas ensinanzas ao éxito actual do turismo galego.   Alfonso Rueda percorreu o CIFP Carlos Oroza acompañado polo conselleiro […]
22 de Xuño de 2022

O presidente do Clúster traslada ao PP de Galicia os problemas que orixina o novo decreto de rexistro de viaxeiros

Tras o seu encontro con Cesáreo  Pardal, o deputado Borja Verea anunciou que o grupo popular pedirá ao Goberno central que paralice o real decreto que […]
20 de Xuño de 2022

Galicia promóvese esta semana en Hamburgo e Frankfurt

O Clúster e cinco empresas do sector participan nas presentacións e workshops que a Xunta celebra o martes e o xoves en Alemaña.   As accións […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente