O festival levou á cidade norteamericana películas de produción galega e gastronomía atlántica

Entre o 20 e o 23 de xuño o Instituto Cervantes de Nova York celebrou o Galician Cinema&Food Festival (GC&FF), o maior evento que Galicia realizará en EEUU este ano co obxectivo de tender pontes entre ambos os lugares e ofrecer unha mostra do noso cinema, pintura, gastronomía e, mesmo, Galicia como lugar único para gozar da astronomía, á vez que se lle rende unha homenaxe ao traballo dos emigrantes galegos na historia da Gran Mazá.

Así, durante o festival presentouse un dos destinos Starlight galegos, A Trevinca, na Veiga, da man de Óscar Branco, un dos mellores astrofotógrafos de España, para descubrirnos a través de proxeccións elaboradas para a ocasión as máis brillantes estrelas do ceo galego.

A enorme proxección gastronómica viu da man do cociñeiro lucense do grupo Nove, Álvaro Villasante, que se desprazou a NYC para mostrar o que é a cociña atlántica a través de un showcooking reservado á prensa e logo en o cocktail que se serviu o día do peche do festival. Todo elaborado con produtos galegos e regado polos mellores viños, sidras e cervexa. Todo iso amenizado pola música do DJ,s galego, Javier Rial.

Películas multipremiadas
Pero o prato principal deste festival, como o seu propio nome indica, foi o cinema. O GC&FF levou a NYC as películas finalistas e gañadora da pasada edición dos premios Mestre Mateo: “A praia dos afogados”, “Lobos sucios”, “As altas presións” e “O Descoñecido”, esta última conseguiu, ademais 2 premios Goyas. Precisamente voará desde Galicia para estar en NYC o gañador do Goya e do Mestre Mateo por “O Descoñecido” Jorge Coira, para participar na primeira reunión de cineastas hispanos e americanos. Capitaneada por Adán Aliaga e Natalia Dasilva, están confirmados como conferenciantes: Ana Asensio, Alex Lora e Martín Rosete e o propio Jorge Coira.
O festival contou, ademais, coa participación de alumnos e profesores do IES Celanova, que presentaron a súa curtametraxe “Looking for Bill Viola”, vídeo-arte feita desde Galicia nun traballo que o propio Viola supervisou desde a distancia. Mostrarase a forma de educar a través do cinema cunha charla con todos os protagonistas despois da proxección do curto. Isto dun lado do Atlántico, e do outro, desde América, exhibirase o curto “The Red Car”, rodado por alumnos da Guetto Filme School de Nova York, en Sada, A Coruña, este pasado verán. Unha experiencia increible digna de ser contada de primeira man polos seus protagonistas e darase a coñecer un pouco máis o traballo desta exemplar institución americana.
Pintura e literatura
Durante o festival mostrouse a obra do pintor de Vos Peares, Ourense, José Manuel Vázquez Ribada, reconcido autor de retratos de Milán Kundera, Camilo José Cela, Dario Fo, Umberto Eco, Gao Xingjian, Thierry Foulc, Patricio Pron, Bill Viola ou Jack Vanarsky, e do que o festival achegou a Nova York unha pequena mostra durante o festival, no que tamén houbo  unha homenaxe no aniversario do nacemento do noso Nobel de Literatura, Camilo José Cela.

20 de Xuño de 2016

O Galician Cinema&Food Festival tende pontes entre Nova York e Galicia

O festival levou á cidade norteamericana películas de produción galega e gastronomía atlántica Entre o 20 e o 23 de xuño o Instituto Cervantes de Nova […]
17 de Xuño de 2016

Nova edición de #ForturMark en Ferrol para coñecer boas prácticas de mercadotecnia aplicadas ao turismo

Entre o 20 e o 22 de xuño Ferrol acolleu a segunda edición do Foro de Turismo e Mercadotecnia ForturMark, co obxectivo de profundar no uso […]
17 de Xuño de 2016

España Verde se consolida como destino competitivo del norte peninsular con un incremento del 8% en los viajeros

Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco rexistraron un incremento medio do 8% no número de viaxeiros e pernoctaciones durante o primeiro cuadrimestre de 2016, con […]
16 de Xuño de 2016

Proxectos aprobados no Concurso de Ideas para o seu desenvolvemento polo Clúster Turismo de Galicia 2016

Tras unha valoración técnica realizada pola asistencia técnica do Clúster de Turismo de Galicia conforme aos criterios de valoración recollidos nas bases do concurso de ideas, […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552
Página siguiente