A capital irlandesa acollerá este xoves un workshop no que participarán case unha decena de empresas galegas.

 

O Clúster Turismo de Galicia está xa inmerso na estratexia de promoción internacional para este 2023. Irlanda converterase este xoves na primeira parada dunha campaña que xa ten varias datas no seu calendario, como é o caso da próxima ITB Berlín.

 

No caso da cita prevista para este xoves 9 de febreiro na capital irlandesa, trátase dun workshop que permitirá aos representantes de case unha decena de empresas galegas de receptivo manter reunións cunha trintena de operadores locais co obxectivo de dar a coñecer o Destino Galicia en xeral e as súas respectivas ofertas turísticas en particular.

 

As empresas Galiwonders, Rutas Meigas, Interrías, Pilgrim Travel, ArtNatura Galicia, Vioviajes e Always Spain Incoming integran a comitiva encabezada polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e o tesoureiro da entidade, Alfonso Martínez. Está previsto tamén que o director da Oficina de Turismo de España en Dublín, Rubén López Puído, asista ao encontro organizado en Dublín.

 

Ademais, o Clúster traballa xa na organización da misión comercial á ITB Berlín, a feira internacional que se celebrará en terras alemás do 7 ao 9 de marzo. Xa está aberto o prazo de inscrición para aquelas empresas galegas queiran participar na viaxe.

05 de Febreiro de 2023

Dublín será a primeira parada internacional do Clúster no 2023

A capital irlandesa acollerá este xoves un workshop no que participarán case unha decena de empresas galegas.   O Clúster Turismo de Galicia está xa inmerso […]
05 de Febreiro de 2023

Galicia volve subir ao tren para mostrar moitos dos seus atractivos

A nova edición da campaña dos Trens Turísticos presenta dúas novidades e suma xa 14 itinerarios.   A Xunta, a Deputación de Ourense a través do […]
04 de Febreiro de 2023

Compostela acollerá os días 27 e 28 de marzo o II Encontro de Viño Gallego Revera Vinum

A Asociación Hostalería Compostela promove esta cita organizada co patrocinio da Xunta e o Concello de Santiago, e a colaboración de numerosas empresas e do Clúster Turismo […]
03 de Febreiro de 2023

Galicia pechou o 2022 con récord de ocupación

A comunidade pasou o ano pasado dos 6,5 millóns de viaxeiros aloxados e superou por primeira vez a barreira dos 12 millóns de noites pasadas.   […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546
Página siguiente