O Ano Santo e o Camiño de Santiago serán os eixos centrais do espazo que se poderá visitar en Madrid do 19 ao 23 de xaneiro.

 

Un espazo de máis de 1.000 metros cadrados será a carta de presentación coa que a oferta turística galega se dará a coñecer na próxima edición de Fitur, a Feira Internacional de Turismo que terá lugar en Madrid do 19 ao 23 de xaneiro. O Camiño de Santiago e a celebración do Ano Santo Xacobeo 21-22 constituiranse nos eixos centrais dun espazo pensado para atraer ao turismo internacional cunha imaxe de Galicia nova, en constante transformación, pero que non renuncia aos valores tradicionais das súas oferta nin ás súas condicións como destino seguro para os visitantes que lle permitiron liderar a recuperación nacional durante o pasado 2021. Así o destacou o xerente da Axencia de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, na presentación oficial do stand realizada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, acto no tomou a palabra tamén o presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal.

 

A Clúster volverá dispoñer dun espazo propio neste stand de deseño moderno e colorido que pretende transmitir unha idea de esperanza e ilusión. Un dos seus principais elementos promocionais será de novo un botafumeiro de prata a tamaño real enmarcado nun conxunto de espellos que permitirán mostrar as distintas caras dos destinos turísticos da comunidade.

 

Medio centenar de produtos e destinos turísticos e unha vintena de catas a desenvolver nunha decena de espazos expositivos, ademais das mostras de produtos  enogastronómicos avalados por profesionais do sector e representantes do Centro Superior de Hostalería de Galicia, artesanía en vivo e elementos audiovisuais integran o groso da oferta galega que se desprazará a Fitur. “Imos a Fitur coa mensaxe de que Galicia está de moda cunha oferta de calidade que é a que demandan os turistas logo da pandemia”, explicou Emilio de la Iglesia tras cualificar a Galicia de “oasis turístico ao aire libre”.

 

Tras o cambio de datas do ano pasado por mor da pandemia, Fitur regresa ao seu lugar habitual no calendario para volver converter as instalacións de Ifema no principal foco de atención do sector turístico por uns días. As tres primeiras xornadas da feira (do 19 ao 21 de xaneiro) estarán reservadas aos profesionais do sector, mentres que durante as dúas últimas (22 e 23) Fitur abrirá as súas portas ao público xeral.

10 de Xaneiro de 2022

Galicia acode a Fitur na procura de visitantes internacionais co Xacobeo como gran reclamo

O Ano Santo e o Camiño de Santiago serán os eixos centrais do espazo que se poderá visitar en Madrid do 19 ao 23 de xaneiro. […]
08 de Xaneiro de 2022

A segunda convocatoria de axudas de Turismo de Galicia para as axencias de viaxes inxectou 350.000 euros no sector

Máis dun centenar de empresas e profesionais beneficiáronse da iniciativa aberta en setembro do ano pasado.   Máis dun centenar de axencias de viaxes e profesionais […]
07 de Xaneiro de 2022

O gasto dos turistas estranxeiros en Galicia creceu o verán pasado ata os 267 millóns de euros

A cifra feita pública polo INE supón un aumento do 85 % con respecto ao mesmo período do 2020.   A recuperación experimentada o ano pasado […]
06 de Xaneiro de 2022

O turismo de cruceiros en Galicia afronta o 2022 con boas perspectivas

O porto da Coruña podería bater o seu récord de escalas e visitantes e os de Vigo e Ferrol aspiran a alcanzar as cifras prepandemia   […]
Página anteriorPágina siguiente