Turismo de Galicia presentou unha nova iniciativa turística, orientada á xeración de produtos turísticos especializados e innovadores que contribúan a contruir unha oferta turística competitiva e moderna en Galicia. Nesta ocasión trátase do Club da Auga de Galicia, unha proposta de alianza de intereses entre a Axencia Turismo de Galicia e as empresas vinculadas á xestión da auga co obxectivo de pór en valor social e economicamente a auga en Galicia, a, tempo que se busca o seu aproveitamento como produto turístico.
Neste sentido, o Club da Auga de Galicia nace co obxectivo de integrar entidades e iniciativas do sector turístico galego que explotan o recurso da auga: empresas, asociacións empresariais, clubs de produto, marcas comerciais, etc.
Estas empresas poderanse adherir ben como socios promotores ou ben como socios colaboradores. No primeiro caso trátase de empresas e institucións galegas vinculadas á xestión e explotación da auga que se converterán en parters do proxecto, introducindo os obxectivos do club nas súas políticas de comunicación, mercadotecnia e RSC.
Pola súa banda os socios colaboradores serán aqueles que prestan servizos turísticos relacionados co auga. Son empresas, xeralmente de servizos turísticos, que achegan produtos ao catálogo comercial do Club da auga de Galicia. Mentres que os Promotores que desenvolvan proxectos de accesibilidade turística poden cumprir tamén esta función e son socios de pleno dereito, os Colaboradores teñen unha relación de provedores do Club.
A adhesión a este club implica a mobilización de medios sociais e económicos para a posta en valor e uso social dos recursos ligados á auga, a xeración de produtos turísticos a partir da auga e do patrimonio natural e cultural asociado e a integración de entidades e iniciativas do sector turístico que explotan a auga de maneira sustentable, ademais da creación e posicionamento na sociedade galega e no mercado turístico dunha marca para os produtos ligados á auga de Galicia

22 de Decembro de 2017

Nace o Club da Auga de Galicia, impulsado por Turismo de Galicia

Turismo de Galicia presentou unha nova iniciativa turística, orientada á xeración de produtos turísticos especializados e innovadores que contribúan a contruir unha oferta turística competitiva e […]
21 de Decembro de 2017

Adxudicación “Asistencia Técnica para a organización dunha mision comercial á Feira internacional ITB Berlin 2018” coa colaboración da Xunta de Galicia ? Axencia Turismo de Galicia.

Adxudicatario: Viaxes Sant Yago S.A. Importe adxudicación: 30.672,00 euros
21 de Decembro de 2017

O Plan Estratéxico de Turismo das Rías Baixas aspira a converter á provincia “nun destino sustentable, excelente e innovador”

Cun orzamento de 12 millóns de euros para o próximos tres exercicios, a folla de ruta do turismo para a provincia prevé impulsar 40 accións diferenciadas […]
20 de Decembro de 2017

A Xunta actualiza o decreto de axencias de viaxes para adaptalo ao marco europeo

O Consello da Xunta autorizou a modificación dun artigo do decreto de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo co […]