A Deputación de Pontevedra acaba de pór en marcha o tres primeiras rutas de turismo ornitolóxico da provincia, en colaboración coa organización SEO-BirdLife. O tres rutas discorren polas contornas do estuario do Miño e da Ramallosa, polo complexo intermareal Umia-O Grove e polas Brañas do Xestoso. Segundo explicou a presidenta provincial, Carmela Silva, esta campaña de turismo ornitolóxico cumpre cos obxectivos do recentemente presentado Plan Estratéxico de Turismo, co dobre obxectivo de promocionar as zonas nas que se poden ver aves no seu hábitat natural e de sensibilizar á poboación sobre a necesidade de protección destes espazos “que son un recurso de primeira orde e unha oportunidade de desenvolvemento turístico”, apuntou.

A primeira destas rutas guiadas será o próximo 21 de xaneiro ao complexo intermareal Umia-O Grove, onde acoden anualmente preto de 18.000 aves procedentes do norte de Europa para pasar o inverno ou no seu camiño cara a África. A segunda ruta será ao estuario do Miño e a Foz da Ramallosa, e celebrarase o 4 de febreiro; mentres que a terceira visita guiada será ás Brañas do Xestoso, entre os municipios de Silleda, Forcarei e Lalín, e desenvolverase o 20 de maio. O tres rutas serán coordinadas por membros de SEO-BirdLife que facilitarán aos participantes material para o avistamento das aves. O prazo de inscrición comezará o 9 de xaneiro e poderá realizarse a través da web da Deputación (www.depo.gal) ou nos rexistros de Vigo e Pontevedra.
Pontevedra acolle catro do dezaseis Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPAS) que existen en Galicia. A España acoden preto de dez millóns de turistas ao ano para o avistamento de aves nos innumerables humidais do país, segundo os datos da Organización Mundial do Turismo.

28 de Decembro de 2017

Pontevedra aposta polo turismo ornitolóxico

A Deputación de Pontevedra acaba de pór en marcha o tres primeiras rutas de turismo ornitolóxico da provincia, en colaboración coa organización SEO-BirdLife. O tres rutas […]
27 de Decembro de 2017

Galicia consolida o seu crecemento turístico fóra de tempada alta cun incremento do 12% na demanda hoteleira en novembro

O sector hoteleiro galego mellora a súa rendibilidade nese mes cunha subida de máis dun 15% no ingreso medio diario por habitación dispoñible Avanzando na necesaria […]
26 de Decembro de 2017

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os mellores proxectos e polos en marcha desde o […]
26 de Decembro de 2017

Máis de 500 reunións de traballo no I Workshop Galp A Mariña-Ortegal

Neste primeiro encontro interprovincial estivo presente o Clúster Turismo de Galicia a través do seu secretario, Cesáreo Pardal Co obxectivo de fixar sinerxías enfocadas cara ao […]