Un grupo de 10 profesionais da comunicación vinculados aos xornais máis importantes de Alemaña tiveron a oportunidade de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia na que tiveron a oportunidade de descubrir os recursos litorais máis importantes de Galicia, a gastronomía vinculada coa costa así como descubrir os recursos enoturísticos do noso territorio a través da visita a unha adega da Ruta do Viño Rías Baixas. Na súa estancia, os xornalistas alemáns tamén se achegaron ao patrimonio monumental da Comunidade galega e a outros produtos turísticos como os pazos e xardíns da camelia.

O peso do mercado alemán

O peso do mercado alemán no noso territorio volveu incrementarse en 2016 cunha subida do 3,3% da cifra de viaxeiros aloxados durante 2015 e nun 3,6% o nivel de pernoctaciones. O turismo alemán acumulou, así, catro anos consecutivos de incremento da demanda en Galicia con máis de 163 mil viaxeiros aloxados e preto de 250 mil noites nos establecementos regulados de Galicia. Estas cifras supoñen que o mercado alemán representou en 2016 case o 11% do total internacional converténdose no segundo mercado en orde de importancia detrás de Portugal.

03 de Abril de 2017

Dez xornalistas alemáns descobren a oferta turística galega nunha xornada de prospección organizada por Turismo de Galicia

Un grupo de 10 profesionais da comunicación vinculados aos xornais máis importantes de Alemaña tiveron a oportunidade de coñecer parte da oferta turística da Comunidade galega […]
01 de Abril de 2017

Impulso ao turismo de saúde en Cortegada e Baiona

Turismo destinará 50.000 euros para acondicionar o antigo balneario de Cortegada mentres que Baiona dá pasos para construír o primeiro talaso público de Galicia Turismo de Galicia […]
31 de Marzo de 2017

México será o país convidado en Termatalia 2017

O anuncio tivo lugar na presentación da feira no Tianguis Turístico de Acapulco México participará como país convidado na próxima edición de Termatalia, Feira Internacional de […]
29 de Marzo de 2017

Seis Camiños, 8+1 festivais, enoturismo e excelencia turística: os eixos do destino Rías Baixas 2017

Baixo a lema “Por moitas razóns” presentouse a nova campaña de promoción turística da Deputación de Pontevedra A sede de Turismo Rías Baixas en Pontevedra acolleu […]