O seu presidente, Rafael Ansón, participou en Santiago na presentación do libro “Alta Cociña Galega”

“Alta Cociña Galega” é o libro da Real Academia de Gastronomía Española, elaborado en colaboración coa Xunta de Galicia, no que se recollen as traxectorias e o receitario dalgúns dos mellores cociñeiros galegos, produto dos estudos realizados pola entidade presidida por Rafael Ansón. Precisamente foi Ansón o encargado de presentar en Compostela o libro, acompañado pola conselleira do Mar, Ana Rosa Quintana e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

A publicación tenta recoller o alto nivel alcanzado pola cociña galega, grazas tanto á profesionalidade e o talento dos seus cociñeiros como grazas á calidade dos seus produtos. Non en balde cabe lembrar que a nosa comunidade ten máis de 5000 restaurantes, 59 dos cales contan co distintivo Q de Calidade, sen esquecer as 13 Estrelas Micheli e os 37 soles Repsol cos que contan os establecementos galegos.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que afirmou que o libro Alta cociña galega será “unha excelente carta de presentación”, enxalzou tamén os 32 produtos galegos que contan con algún tipo de distintivo europeo que certifica a súa excelencia. Nesta liña tamén abundou a conselleira de Mar, que definiu este libro como “un embaixador de excepción dos produtos galegos” e aplaudiu a iniciativa de publicacións como esta “que coidan e divulgan o coñecemento dos produtos e a súa preparación”.

Descarga o libro en pdf

18 de Xullo de 2016

A Real Academia de Gastronomía Española recoñece o gran valor da oferta culinaria galega

O seu presidente, Rafael Ansón, participou en Santiago na presentación do libro “Alta Cociña Galega” “Alta Cociña Galega” é o libro da Real Academia de Gastronomía […]
16 de Xullo de 2016

Axencias de viaxe de Galicia e Madrid coñecen o operativo de CN Travel a Madeira

O turoperador galego CN Travel reuniu a máis de 250 axentes de viaxes de Madrid e Galicia co obxectivo de dar a coñecer o operativo co […]
15 de Xullo de 2016

A Ruta do Viño Rías Baixas recibiu en 2015 unha media de 1572 visitantes nas súas adegas alcanzando novo record

Un total de 88.679 persoas rexistraron unha visita nalgún dos socios da Ruta, o 94% deles en adegas En 2015 a Ruta do Viño Rías Baixas […]
14 de Xullo de 2016

O sector turístico galego incrementou os seus ingresos un 5% no segundo trimestre do ano

O último informe de Exceltur de Perspectivas Turísticas recolle tamén un incremento do 3% do emprego na nosa comunidade Segundo recolle o último informe emitido por […]