A posibilidade de desconectar do estrés e a rutina diarios, entre os principais motivos para elixir destino tras a pandemia en 2022. 

 

O último informe levado a cabo pola compañía Booking a finais de 2021 desvela que, tras a pandemia, un 56% dos viaxeiros aposta por viaxar de forma sostible no futuro. Isto inclúe como factor decisorio á hora de elixir opcións que permitan desconectar do estrés e a rutina diarios. Non en balde, en 2019 o burnout ou estado de esgotamento mental e físico constante producido pola sobrecarga de tarefas diarias, foi recoñecido oficialmente pola Organización Mundial da Saúde.

 

Este cambio cara a novas maneiras de concibir a vida e, por conseguinte, das eleccións á hora de viaxar, está a levar a algúns empresarios hostaleiros a deseñar ofertas aliñadas co viaxar consciente, unha tendencia para ter en conta nos próximos anos.

 

Enclaves singulares, respecto á contorna a través dunha construción sostible, ou o deseño de experiencias idílicas que permitan ao viaxeiro escapar da rutina, son os puntos coincidentes nestas propostas que converten a desconexión no novo indicador de turismo de luxo.

 

O Hotel Atmos abriu as súas portas en 2021 co obxectivo de crear un espazo no que deixar fluír os sentidos a través dun singular deseño vangardista aberto á contorna natural onde se sitúa, a Serra de Outes, convertendo a a tranquilidade da zona e o contacto coa natureza nos seus principais focos de atracción. Aposta pola arquitectura sostible e un xiro ao concepto de turismo de luxo como sinónimo de desconexión e vivir experiencias.

 

Desde Silleda, Casa Cacheiro leva máis de 25 anos facendo das sensacións de paz e benestar os seus sinais de identidade. Rodeados dun enclave natural repleto de zonas verdes, fervenzas naturais e praias fluviais no corazón da comarca do Deza, neste aloxamento rural dan moito valor á contorna que lles rodea como facilitador de momentos de relax. Posúen o Certificado Q de Calidade Turística e o selo Galicia Calidade, e son lugar de referencia para quen busca no turismo rural tempo de desconexión de calidade.

 

No Hotel & Talaso  Louxo La Toja, os tratamentos con auga mariña e de Talasoterapia convertéronos en opción predilecta para quen visita as Rías Baixas con intención de escapar do estrés. E faino, ademais, cun forte compromiso coa sustentabilidade. Son posuidores do Selo Ecostars, certificado globalmente recoñecido que mide o impacto ambiental dos aloxamentos.

27 de Febreiro de 2022

Desconexión gourmet: así é a tendencia de oferta turística que aposta polo tempo e o descanso como factores clave

A posibilidade de desconectar do estrés e a rutina diarios, entre os principais motivos para elixir destino tras a pandemia en 2022.    O último informe […]
25 de Febreiro de 2022

O turismo fluvial volve embarcarse para descubrir Galicia

Os visitantes xa poden facer uso da ruta entre Tui e Valença e da renovada web de reservas do catamarán da Ribeira Sacra da Deputación de […]
24 de Febreiro de 2022
Entrega de premios de la primera edición de Turislab

Convocada a segunda edición da Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta

Celebrarase entre os meses de abril e decembro e este ano incorpora unha sétima categoría de actuación: o Turismo de Litoral.   Só dous meses despois […]
22 de Febreiro de 2022

O Clúster incentiva a participación das empresas galegas na xornada virtual da ITB Berlín

A feira alemá celebrará o 19 de marzo un evento networking para poñer en contacto a profesionais e provedores de todo o mundo.   As consecuencias […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541
Página siguiente