A nova edición do salón internacional celébrase do 3 ao 7 de novembro e está centrada nos sabores das distintas rutas do Camiño de Santiago.

 

A gastronomía das distintas rutas de peregrinación a Compostela será un dos principais fíos condutores de Xantar, a nova edición do salón internacional que cada ano converte Ourense na capital do turismo gastronómico. Do 3 ao 7 de novembro os focos do sector volverán apuntar cara á cidade das Burgas para estar atentos a un certame cuxa 22 edición quere servir de punto de encontro para os profesionais da  enogastronomía, a hostalería e o turismo de toda a Península Ibérica. Para logralo, os seus organizadores elaboraron un amplo programa de actividades no que non faltarán os workshops entre empresas do sector, as conferencias, os talleres gastronómicos, as aulas de cata e as degustacións, as exposicións e presentacións, os encontros de blogueiros e confrarías gastronómicas, e os concursos e premios.

 

Os destinos enogastronómicos, os produtos agroalimentarios de calidade, as festas gastronómicas e as celebracións de contido histórico, as denominacións de orixe, os produtos gourmet, a arte gastronómica, os servizos para hostalería e os viños e bebidas de calidade son os principais sectores representados en Xantar, unha feira promovida por Expourense co patrocinio da Xunta, o Concello e a Deputación de Ourense, e en cuxa organización colabora tamén o Clúster Turismo de Galicia como membro do Comité Asesor.

 

Xantar estrea este ano unha nova data ao trasladarse no calendario do mes de febreiro ao de novembro ligándose así a unha época na que a gastronomía cobra especial relevancia na cidade de Ourense coa celebración do San Martiño e os magostos. A nova situación xerada pola pandemia obrigou a realizar axustes no programa, pero os seus promotores esperan repetir o éxito das edicións precedentes. Na máis recente, a do 2020, foron ao redor de 25.000 persoas as que pasaron polo recinto de Expourense para coñecer as propostas dos seus case 300 expositores e participar nas 150 actividades programadas. Este ano, Xantar aspira de novo a conquistar o favor de público e dos profesionais do sector e facer que o seu paso pola feira les deixe un inmellorable sabor de boca.

02 de Novembro de 2021

Ourense convértese na capital do turismo gastronómico con Xantar

A nova edición do salón internacional celébrase do 3 ao 7 de novembro e está centrada nos sabores das distintas rutas do Camiño de Santiago.   […]
30 de Outubro de 2021

O Clúster Turismo de Galicia asina un convenio coa Xunta para destinar 700.000 euros ata finais de 2022 para a creación e difusión de produto sostible

Entre as acción previstas destacan a creación dun club de produto, así como unha base de datos de establecementos e unha intranet.   O Clúster Turismo […]
29 de Outubro de 2021

Galicia postúlase como destino termal tamén no outono

A Xunta e a Asociación de Balnearios de Galicia prorrogaron o programa turístico desenvolvido no verán.   A boa acollida obtida polo programa “Verán Termal” posto […]
28 de Outubro de 2021

Unha vintena de empresas acoden co Clúster á feira internacional de turismo de Londres

A misión comercial galega participará nas actividades da  WTM, que se desenvolverá do 1 ao 3 de novembro.   O sector turístico galego volveu responder de […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552553554555556557558559
Página siguiente