O Consello de Ministros aprobou esta semana unha modificación na normativa de viaxes combinadas que dá un balón de osíxeno ás axencias de viaxes. Grazas á flexibilización da normativa de viaxes combinadas antes a crise ocasionada polo coronavirus, as axencias de viaxes poderán emitir un bono cunha validez dun ano a todos aqueles clientes que visen cancelado a súa viaxe como consecuencia da pandemia. Se o cliente non consome o bono nese prazo de tempo, a viaxe deberá ser reembolsado.

As diferentes asociacións que defenden os intereses das axencias de viaxes mostráronse satisfeitos con esta medida, que pon fin a unha situación de indefensión na que se atopaban como consecuencia da implantación unilateral por parte das aerolineas do sistema de bonos que lles obriga ás axencias a facer reembolsos e situaba aos viaxeiros e ás axencias e situaba a estes últimos “nun plano de verdadeira indefensión para cumprir coa Lei de Viaxes Combinadas”.

Un bono cun ano de duración

A medida aprobada polo Consello de Ministros supón que no caso de contratos de viaxe combinada, que fosen cancelados con motivo da COVID-19, o organizador ou, no seu caso o comerciante polo miúdo, poderán entregar ao consumidor ou usuario un bono para ser utilizado dentro dun ano desde a finalización da vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas, por unha contía igual ao reembolso que correspondese.

Transcorrido o período de validez do bono sen ser utilizado, o consumidor poderá solicitar o reembolso completo de calquera pago realizado. En calquera caso, o eventual ofrecemento dun bono sustitutorio temporal deberá contar cun respaldo financeiro que garanta a súa execución.

No entanto, o organizador, ou no seu caso o comerciante polo miúdo, deberán proceder a efectuar o reembolso aos consumidores no caso de que estes solicitasen a resolución do contrato, de conformidade co previsto no apartado 2 do artigo 160 do texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias, sempre que os provedores de servizos incluídos no contrato de viaxe combinada procedesen á devolución total do importe correspondente aos seus servizos.

Se só algúns dos provedores de servizos da viaxe combinada efectuasen a devolución ao organizador ou, no seu caso, ao comerciante polo miúdo, ou a contía devolta por cada un deles fose parcial, o consumidor terá dereito ao reembolso parcial correspondente ás devolucións efectuadas, sendo descontado do importe do bono entregado pola resolución do contrato.

O organizador ou, no seu caso, o comerciante polo miúdo, procederán a efectuar os reembolsos citados anteriormente nun prazo non superior a 60 días desde a data da resolución do contrato ou desde aquela en que os provedores de servizos procedesen á súa devolución.

01 de Abril de 2020
aeropuerto viajeros

Consumo acepta a petición das axencias de viaxes e permite emitir bonos en lugar de efectuar reembolsos

O Consello de Ministros aprobou esta semana unha modificación na normativa de viaxes combinadas que dá un balón de osíxeno ás axencias de viaxes. Grazas á […]
31 de Marzo de 2020
medidas coronavirus igape galicia

A nova liña de financiamento autonómico para pemes e autónomos permitirá inxectar liquidez de até 200.000 euros por negocio para facer fronte ao coronavirus

A liña de financiamento aprobado pola Xunta de Galicia permitirá ao tecido empresarial galego, especialmente ás pemes e autónomos, mobilizar 250 millóns de euros para atender […]
30 de Marzo de 2020
formación on line Xunta de Galicia

Catro novos webinars da Consellería de Cultura e Turismo completan o plan de teleformación para o sector turístico galego

Ante o éxito do primeiros catro webinars lanzados pola Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente […]
26 de Marzo de 2020

A Xunta de Galicia habilita unha listaxe de aloxamentos turísticos a disposición de traballadores desprazados, persoas en tránsito ou especialmente vulnerables durante a crise do coronavirus

A inspección turística velará porque se respecten en todo momento os requisitos esixidos e o cumprimento das normas ditadas polas autoridades sanitarias Tras o peche oficial […]