• Arredor de 30 empresas galegas participaron esta semana en dous workshops en ambas cidades para promocionar o destino Galicia
  • Os encontros, organizados polo Clúster en colaboración con Turismo de Galicia, congregaron un total de 145 axentes locais

 

Os  dous WOrkshops, organizados a semana pasada en Málaga e Madrid polo Clúster Turismo de Galicia, en colaboración con Turismo de Galicia, posibilitaron máis de 700 xuntanzas entre 28 empresas galegas e os 145 operadores de ambas cidades. Un balance moi positivo para estas dúas actuacións de promoción do destino Galicia.

 

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, destacou nestes encontros o inmenso patrimonio natural e cultural da comunidade sobre o que  “conformamos unha oferta turística moi variada, baixo a premisa da sustentabilidade desde todos os seus ámbitos” e ofrecemos “experiencias afastadas da masificación que permite ao viaxeiro imbuírse do espírito dos lugares que visita.”

 

Ademais, Cesáreo Pardal puxo en valor o traballo dos profesionais do sector “que se esforzan cada día para que cada persoa que vén a Galicia volva a casa cunha experiencia para lembrar e co desexo de volver porque non hai unha soa Galicia, hai moitas. Somos unha terra de contrastes na que cada visita vivirase unha dunha forma diferente.”

 

Precisamente sobre esta idea se constrúe o lema destas xornadas promocionais, ‘Galicia, soñarás con volver’. Nas actividades participaron, ademais de Turismo de Galicia e de Turismo de Sanxenxo, 28 empresas locais do sector turístico galego: o Albergue Cruces Inn, Amextreme Kayak, Balneario de Mondariz, Bodegas Terra Gauda, Celtravel, Circuítos Galicia, Expourense – Fundación feiras e exposicións de Ourense, Galiwonders, Hotel Talaso Atlántico, Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Hotel Carlos I Silgar, Hotel Castro, Hotel Nanín, Hotel San Lorenzo, Hotel Villa Covelo, NH Hoteles, Oca Hotels, Pazo los Escudos Hotel & Spa Resort, Pilgrim, Proguías, Sailway, Termas de Cuntis, Viajes InterRías, Vio Viajes, WE Galicia e de Zenit Hoteles.

 

En Málaga as empresas galegas mantiveron contacto con 75 operadores da zona, unha cifra similar á de Madrid con 70 operadores locais. En ambas xornadas presentouse o destino Galicia coa proxección dun vídeo promocional. En Madrid, o encontro contou coa intervención do presidente da Mesa de Turismo de España, Juan Molas, e do director xeral de Turespaña, Ángel Sanz. Un sorteo de estancias en Galicia para premiar a participación dos axentes locais e un cóctel degustación puxeron o peche a ambos encontros.

16 de Maio de 2023

O Clúster Turismo de Galicia promoveu preto de 700 reunións entre empresas galegas e operadores de Málaga e Madrid

Arredor de 30 empresas galegas participaron esta semana en dous workshops en ambas cidades para promocionar o destino Galicia Os encontros, organizados polo Clúster en colaboración […]
16 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata. O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech […]
16 de Maio de 2023

14 empresas coruñesas optan ao selo de calidade turística SICTED

Das 47 entidades que se presentaron ao proceso neste período inicial, 14 recibiron avaliacións positivas. A Mesa de Calidade de Turismo da Coruña, impulsada polo Consorcio […]
16 de Maio de 2023

O Balneario de Guitiriz reabre as súas portas preparado para reactivar a actividade turística da localidade

O emblemático espazo entrou en funcionamento a semana pasada tras anos de abandono. A reforma foi posible grazas a un investimento de máis de 8 M€ […]
Página anteriorPágina siguiente