O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde á declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo e necesario para que este territorio poida optar á súa inclusión como Patrimonio Mundial da UNESCO. O expediente foi incoado a finais do mes de decembro de 2017 e a súa tramitación realizouse no prazo total dun ano, axilizando así ao máximo a xestión.

Ademais dos informes favorables da Real Academia de Belas Artes e do Consello da Cultura Galega, incorporáronse 23 alegacións dos 29 recibidos, nun proceso para mellorar e completar o expediente en aspectos significativos relativos á toponimia ou ao patrimonio fluvial. Incluíronse de maneira adicional diversos elementos da arquitectura defensiva como o castelo da Peroxa e un fito singular do patrimonio inmaterial como é o Folión de Carros chantadino.
Con esta declaración de BIC conséguese o recoñecemento da máxima valía cultural para unha extensión duns 180 quilómetros cadrados co desenvolvemento dun réxime de protección específico.
A paisaxe cultural da Ribeira Sacra abarca parte do territorio dun total de 22 concellos das provincias de Lugo e Ourense (Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Monforte de Lemos, A Peroxa, A Pobra do Brollón, A Pobra de Trives, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, San Xoán de Río, O Saviñao, Sober, Taboada, A Teixeira e Xunqueira de Espadañedo) en dúas zonas diferenciadas: a do BIC e a de amortecemento, e inclúe ademais unha serie de bens individuais.

Os bens que se relacionan coa paisaxe e que se inclúen na declaración distribúense en tres categorías. En primeiro lugar, están aqueles que gozan xa da máxima protección. Son un total de 70 bens de interese cultural entre inmobles (58), mobles (3) e manifestacións do patrimonio inmaterial (9). En segundo lugar, hai un total de 512 bens inmobles catalogados no ámbito da paisaxe cultural da Ribeira Sacra. Isto é dentro da zona BIC e de amortecemento do ben que se declara mediante o presente decreto. E, en terceiro lugar, inclúense un total de 634 bens inmobles de carácter sacro catalogados no conxunto do territorio da Ribeira Sacra. Isto é, as igrexas, capelas, ermidas etc., existentes no conxunto dos 22 concellos representados desde o límite da zona de amortecemento ao límite do concello.

Réxime de protección
O decreto establece un réxime de protección xeral dos bens integrantes da paisaxe cultural e outro específico para a paisaxe cultural. No apartado relativo aos bens, leste responde o réxime xeral legal xa existente, e incorpora como normativa a instrución de obras menores que axiliza as intervencións de conservación e mantemento. Tamén se regula a zona de amortecemento,  especificando que actuacións de carácter territorial precisan autorización. En canto ao réxime específico da paisaxe cultural, requirirase autorización para as actuacións maiores como novas construcións, infraestruturas e instalacións, as reconstrucións de inmobles derrubados, a modificación da estrutura tradicional en grandes superficies de terreo ou a construción de miradoiros e embarcadoiros novos. Fai falta subliñar que a normal actividade agrícola e a maior parte das actuacións de mantemento e rehabilitación non precisarán autorización.

Descrición e valores culturais
O decreto contén tamén a descrición dos valores xerais da paisaxe cultural segundo o resultado dos estudos e da propia revisión realizada durante a información pública do expediente. Analízanse cuestións como o valor da Ribeira Sacra como paisaxe cultural evolutiva e viva, as características físicas do espazo natural ou a ocupación histórica do territorio. Estúdase a toponimia e a transmisión do coñecemento sobre os lugares, a parroquia como unidade de estrutura do territorio e aspectos concretos como os socalcos, as cavadas, a casa tradicional, as adegas e sequeiros ou o patrimonio fluvial.

27 de Decembro de 2018

A Xunta de Galicia declara BIC a paisaxe cultural da Ribeira Sacra

O Consello da Xunta de Galicia deu luz verde á declaración da paisaxe cultural da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC), paso previo e […]
27 de Decembro de 2018

A comunidade de Presume de Galicia entrega os seus premios a dous “presumidores” da Coruña e Baiona

Este ano a comunidade virtual creada para pór en valor o territorio especialmente entre os galegos superou o 110 mil usuarios Máis de 200 fotografías subíronse […]
26 de Decembro de 2018

A Deputación de Lugo aposta por desenvolver un turismo agroalimentario con experiencias de éxito

Representantes do turismo agroalimentario provincial, axentes turísticos, produtores, guías, expertos en comunicación, hostaleiros… déronse cita nas primeiras Xornadas de Turismo Agroalimentario que celebrou a Deputación de […]
25 de Decembro de 2018

O turismo galego consegue o mellor novembro en 11 anos tras mellorar en todos os cocientes da demanda hoteleira

Cando falta moi pouco para terminar o ano coñecemos os datos do INE de ocupación hostaleira en novembro, que se consolida como un excelente mes para […]
Página anterior
123456789101112131415161718192021222324252627282930313233343536373839404142434445464748495051525354555657585960616263646566676869707172737475767778798081828384858687888990919293949596979899100101102103104105106107108109110111112113114115116117118119120121122123124125126127128129130131132133134135136137138139140141142143144145146147148149150151152153154155156157158159160161162163164165166167168169170171172173174175176177178179180181182183184185186187188189190191192193194195196197198199200201202203204205206207208209210211212213214215216217218219220221222223224225226227228229230231232233234235236237238239240241242243244245246247248249250251252253254255256257258259260261262263264265266267268269270271272273274275276277278279280281282283284285286287288289290291292293294295296297298299300301302303304305306307308309310311312313314315316317318319320321322323324325326327328329330331332333334335336337338339340341342343344345346347348349350351352353354355356357358359360361362363364365366367368369370371372373374375376377378379380381382383384385386387388389390391392393394395396397398399400401402403404405406407408409410411412413414415416417418419420421422423424425426427428429430431432433434435436437438439440441442443444445446447448449450451452453454455456457458459460461462463464465466467468469470471472473474475476477478479480481482483484485486487488489490491492493494495496497498499500501502503504505506507508509510511512513514515516517518519520521522523524525526527528529530531532533534535536537538539540541542543544545546547548549550551552
Página siguiente