A convocatoria que acaba de ser aprobada polo Consello da Xunta prevé subvencións de ata un 90 % do investimento total e un máximo de 150.000 euros.

 

Están dirixidas aos establecementos construídos antes do 1 de xaneiro do 2007 e poderán solicitarse desde a publicación das bases no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de marzo do 2023.

 

Os aloxamentos turísticos galegos poderán beneficiarse dunha nova liña de axudas autonómicas para mellorar a súa eficiencia enerxética por un importe total de 7,8 millóns de euros. A convocatoria, aprobada na reunión do Consello da Xunta do 1 de decembro e publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de decembro, está dirixida a hoteis, pensións, establecementos de turismo rural, albergues turísticos e apartamentos turísticos, que poderán financiar con estas subvencións ata un 90 % do investimento total e un máximo de 150.000 euros

 

Poderán acceder tanto pequenas e medianas empresas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas de natureza privada que sexan propietarias de edificios destinados a eses usos, así como as empresas explotadoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios destinados a ese mesmo fin. Pero deberán cumprir varios requisitos como estar inscritas no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia. Ademais, as actuacións deberán ser executadas en edificios completos e a condición de que teñan sido construídos antes do 1 de xaneiro do 2007. Tampouco se poderá solicitar máis dunha subvención por establecemento.

 

As axudas deberán destinarse á mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, a mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, incluída a instalación de redes de calor e frío alimentadas por fontes de enerxía renovable e/o calor residual para complexos turísticos de varios edificios, así como a mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación. Ademais, as actuacións subvencionables deberán lograr unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable do 30 %, e a mellora da cualificación enerxética total do edificio en, polo menos, unha letra na escala de emisións de dióxido de carbono, salvo se o edificio xa dispón da A.

 

Os aspirantes dispoñen ata o 30 de marzo de prazo para presentar as súas solicitudes, tal como recolle a convocatoria publicada no DOG.

02 de Decembro de 2022

Os aloxamentos turísticos galegos poderán optar a 7,8 millóns en axudas para eficiencia enerxética

A convocatoria que acaba de ser aprobada polo Consello da Xunta prevé subvencións de ata un 90 % do investimento total e un máximo de 150.000 […]
30 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal apela ao valor da cooperación turística para o desenvolvemento da contorna do río Limia a ambos lados da fronteira

O presidente do Clúster participou en Ponte da Barca nunha xornada organizada pola Comunidade Intermunicipal do Alto Miño no marco do proxecto “Fronteira Esquecida Limia-Lima”.   […]
27 de Novembro de 2022

Cesáreo Pardal reivindicou en Sportur e o Foro Empuxe a importancia da sustentabilidade

O presidente do Clúster participou en Ourense nunha mesa redonda sobre a sustentabilidade nos Camiños de Santiago e debateu en Noia sobre turismo e territorio.   […]
26 de Novembro de 2022

Os viaxeiros e as noites pasadas nos hoteis galegos creceron un 16 % en outubro con respecto ao 2021

Os establecementos galegos sumaron un total de 867.400 noites pasadas e 465.000 visitantes o mes pasado.   Estas cifras supoñen tamén un importante incremento tamén con […]